3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1992, acometéndose dende entón dous novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluíndo a mellora e ampliación do local, nos anos 2002, 2007, 2009, 2010, 2012 e 2016.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Oia sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior aos 78 quilómetros cadrados, con 36 entidades de poboación e seis parroquias, nas que residen máis de tres mil habitantes. O territorio que comprende o actual concello formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdiccións de Oia, con señorío do seu mosteiro. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no Partido Xudicial de Tui, créase no ano 1836 o concello de Oia, coa mesma configuración física actual, sen modificacións posteriores significativas.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Oia. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
A casa do concello atópase a carón da estrada de Baiona á Guarda. É unha edificación exenta, de pedra, distribuída en baixo e planta, na que predominan as formas horizontais.
O principal local do arquivo sitúase na planta baixa do edificio do Concello. É unha pequena sala rectangular, de algo máis de 22 m2, dotada do equipamento necesario. Debido á falta de espazo habilitouse unha nova sala, situada na parte posterior da mesma planta baixa.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=1728136
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=778033
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_37_OIA_20160912.pdf/e097af01-927d-4a51-8a57-69d423e66fc0
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/OIA.pdf/93ed1bc0-c34e-43c5-a8e9-a7f0a9fa875f
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/411
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10895