• 1.1. Código identificador
    ES GA 36041 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Poio
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Poio
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 2.1. Localización
    Praza do Mosteiro, 1, Convento San Xoán, 36995 Poio (Pontevedra)
  • 2.2. Enderezo
    POIO
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 986 770 001 (extensión 1208)
    Fax:
    +34 986 771 277
    Email:
    cultura@concellopoio.org
  • 2.4. Persoas de contacto
    Macarena Ferreiro Soto, Arquiveira.
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    O local do arquivo situouse inicialmente na planta baixa, con acceso dende o vestíbulo; será a súa insuficiencia espacial o que motive o seu traslado a unha parte do semisoto da propia casa do Concello, con acceso dende o exterior, e posteriormentelogo da súa rehabilitación e adaptación ampliar esta zona á práctica totalidade do mesmo. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1984, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e reforma do local nos anos 1989, 1993, 2001, 2002, 2004, 2005, 2007, 2009 e 2010.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior aos 33 quilómetros cadrados con 78 entidades de poboación dispersas nas súas 5 parroquias, nas que residen case trece mil habitantes. O actual territorio do concello de Poio formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Poio. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello. O local do arquivo sitúase nunha gran parte do soto da casa do concello. Dispón dun local debidamente equipado para a súa conservación, tratamento e consulta.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=7850002 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=784896
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_39_POIO_20160909.pdf/b17d0905-bffd-458f-a692-dd696edf0949 Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_33_POIO_20160913.pdf/011282c1-321a-4001-ac6e-696c93bdf840 Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/362 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=11060
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 8:00 a 15:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes Para a consulta fai falla documentación acreditativa
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    Suxeitos ás dispoñibilidades por parte da institución e da normativa vixente.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-26 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -