3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Dispóñense estes fondos na propia casa do concello, unha moderna edificación de finais do século vinte. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo en 1993, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e traslado a un novo local, no ano 2000.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Portas sitúase na zona centro da provincia de Pontevedra; Ocupa unha superficie total superior aos 23 quilómetros cadrados, con 59 entidades de poboación dispersas nas súas catro parroquias nas que residen algo máis de tres mil habitantes. O territorio do actual concello de Portas formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Portas e Romai dependían daquela da xurisdicción de Peñaflor, con señorío do conde de Graxal, e as de Briallos e Lantaño da xurisdicción de Vilanova, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos este territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, formaba parte do concello de Trasumia, xunto co actual concello de Barro. No ano 1836 créase como concello independente, coa configuración actual que se mantén sen modificacións reseñables agás certos cambios de capitalidade e de instalación da casa do concello.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Portas. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
O local do arquivo, atópase no baixo cuberta do edificio do Concello. Distribúese en tres salas, con 70 m2 en total, nas que se instalou o equipamento necesario para o tratamento e a conservación documental
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=1593501
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=798301
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_45_PORTAS_20160909.pdf/714658a3-4013-461c-a6d5-5bceb3af6031
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/PORTAS.pdf/6dc6f8d1-7533-4092-b0b2-20566dca3836
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/313
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=11054