• 1.1. Código identificador
    ES GA 36045 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Redondela
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Redondela
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 2.1. Localización
    Rúa Alfonso XII, 2, 36800 Redondela (Pontevedra)
  • 2.2. Enderezo
    REDONDELA
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 986 400 300
    Fax:
    +34 986 403 894
    Email:
    arquivo@redondela.gal
  • 2.4. Persoas de contacto
    Ana Gesteira Ponce, auxiliar arquivo.
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1988, data a partir da cal se acometeron varios procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a ampliación, dotación e mellora dos equipamentos e do propio local, nos anos 1998 e 2002.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O territorio do concello de Redondela sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós 45km2 con 46 entidades de poboación dispersas en trece parroquias. O territorio do actual concello de Redondela formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa definitiva inclusión na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Redondela. A totalidade das parroquias dependían no Antigo Réxime da xurisdicción de Redondela Nova, con señorío do arcebispo de Santiago; da de Redondela Vella, con señorío do bispo de Tui; da de Saxamonde, con señorío do marqués de Valladares; da do Val do Fragoso, con señorío do seu concello e do coto de Cedeiro. Iniciado o proceso de constitución dos concellos a principios do século dezanove chegaron a funcionar varios neste territorio, entre eles os de Redondela, Vilavella, Cedeira, Saxamonde e Reboreda. Xa no proceso definitivo créase o concello de Redondela, dentro do Partido Xudicial do mesmo nome, cun total de catorce parroquias. Dende entón mantense a mesma superficie territorial pero suprimiuse a parroquia de Santiago de Vilavella, pasando a integrarse na de Santiago de Redondela.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Redondela. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello. O arquivo ocupa a parte traseira da planta baixa na Casa do Concello. Dispón de catro salas de depósito e dunha zona de traballo e consulta, cun total de 134,72 m2. Este espazo conta co equipamento suficiente para tratamento, conservación e consulta.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/-/arquivo-municipal-de-redondela Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=7110002
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_46_REDONDELA_20160912.pdf/f1eeecbc-a7f8-4571-9f79-54e7f5564bc2 Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/414 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=11308
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9.00 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Non.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-09 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-26 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -