• 1.1. Código identificador
    ES GA 36046 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Ribadumia
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Ribadumia
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1986, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1987,1991, 1997, 2001, 2004, 2005, 2007, 2011, 2012, 2014 e 2016.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O concello de Ribadumia sitúase na comarca do Salnés, ao oeste da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie de 18 quilómetros cadrados cun total de 36 entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias, residindo 4500 habitantes. O territorio do actual concello de Ribadumia formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Fefiñáns, con señorío do conde de Fefiñáns; da xurisdicción de San Tomé do Mar, con señorío do marqués de Monte Sacro; da de Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Vilagarcía de Arousa, con señorío do marqués de Vilagarcía. Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio, integrado no Partido Xudicial de Cambados, foi adscrito inicialmente ao concello de Cambados. Será no ano 1841 cando se cree o concello de Ribadumia, accedendo ás reclamacións das parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois, segregándose de Cambados e constituíndo un novo concello, con capitalidade no lugar de Pereiro.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Ribadumia. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello. Na actualidade habilitouse un espazo no soto da casa da cultura para conservar parte da documentación do arquivo, quedando na casa do concello a documentación máis recente e de maior uso administrativo.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=4615003 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=800296
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_47_RIBADUMIA_20160909.pdf/36d00f3c-440e-41bc-8664-fe5c5b74c353 Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/RIBADUMIA.pdf/f51bb5f0-49f2-4863-8214-8f791464bafe Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/345 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=57815
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9.00 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes
  • 4.3. Accesibilidade
    Non.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    O acceso aos fondos está suxeito á normativa legal vixente en canto a protección dos documentos e de datos. O prezo da reproducción establéceo o concello anualmente nas súas ordenanzas de prezos públicos.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-09 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-26 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Pontevedra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -