• 1.1. Código identificador
    ES GA 36049 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Salceda de Caselas
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Salceda de Caselas
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A anterior casa do concello de Salceda de Caselas era unha edificación exenta, construída en 1917, integrada no núcleo urbano da vila, distribuída en baixo e planta que polas súas pequenas dimensións e pola súa insuficiencia para as esixencias actuais, obrigou a acometer a construcción dunha nova casa do concello. O fondo documental producido polo Concello de Salceda de recibiu no ano 1993 o tratamento técnico oportuno, incluído dentro da programación xeral do Servicio Técnico de Patrimonio Documental para a provincia de Pontevedra. Daquela, conseguiríase centralizar no local destinando a arquivo a totalidade dos fondos existentes. Posteriormente desenvolvéronse novas actuacións técnicas de reincorporación documental, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación proposto a nivel nacional, nos anos 1995, 1999, 2002, 2005, 2007, 2009, 2011 e 2014.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O concello de Salceda de Caselas está situado no sur da provincia de Pontevedra. Conta cunha superficie aproximada de 31 km2 nos que se asentan 93 entidades diferenciadas de poboación. A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, dentro do partido xudicial de Tui, configúrase o que será concello constitucional de Salceda de Caselas, composto polas sete parroquias que o integran na actualidade: Santa María de Salceda, capitalidade do mesmo, San Xurxo de Salceda, San Martiño de Picoña, San Xusto e Pastor de Entienza, San Estevo de Budiño, San Tomé de Parderrubias e San Vicente de Soutelo. Nestas parroquias residían daquela 524 veciños e aproximadamente 2.100 habitantes.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Salceda de Caselas. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello. O arquivo atópase no soto da casa do Concello; ocupa unha ampla sala de estrutura irregular de máis de 80m2. Dispón de equipamento axeitado e zona de consulta. Unha ampliación na parte posterior da casa do concello, con acceso dende as oficinas municipais da planta baixa, incorpora unha estrutura rectangular de 45 m2.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=2381826 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=820591
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_50_SALCEDA+DE+CASELAS_20160909.pdf/d12c1725-f16a-4ebe-8118-393b7f6ffc8b Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_40_SALCEDA+DE+CASELAS_20160913.pdf/29fa82b8-6ac1-4178-aa7d-a751923dd539 https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/255 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=57987
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9.00 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-09 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-26 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Pontevedra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -