3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón, nos anos 2002, 2005, 2007, 2009, 2011, 2014 e 2017 novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluíndo o traslado ó novo local actual.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello sitúase no sur da provincia de Pontevedra; ocupa unha superficie superior aos 58 quilómetros cadrados, con 236 entidades de poboación dispersas nas súas 17 parroquias, nas que residen algo máis de nove mil habitantes. O actual territorio do concello de Savaterra de Miño formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Salvaterra e As Achas, con señorío do conde de Salvaterra; da de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, e dos cotos de Penafurada e Porto, con señorío do conde de Amarante e da Encomenda de Beade respectivamente. Iniciado o proceso de constitución dos concellos nos inicios do século dezanove chegaron a funcionar os concellos de Fornelos e Salvaterra neste territorio. Xa no proceso definitivo créase o concello de Salvaterra coa configuración actual, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas, cun total de dezaoito parroquias. Posteriormente producirase a supresión da parroquia de Penafurada, fusionándose coa súa matriz de Oleiros, quedando as dezasete actuais. Por outra parte o concello completará a súa denominación oficial como Salvaterra de Miño no ano 1907.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Salvaterra do Miño. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
O arquivo ocupa unha boa parte da planta superior da casa do Concello, próxima aos 90 m2, con deseño irregular en forma de "L". Dispón de debido equipamento e condicións de habitabilidade.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=3461000
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=824850
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_51_SALVATERRA+DE+MI%C3%91O_20180207.pdf/2ee03c36-b377-4538-b536-fe6d1950a46a
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_41_SALVATERRA+DE+MI%C3%91O_20160913.pdf/9b36dd8f-b888-4f72-8d95-b67126ba9468
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/412
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10337