3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Este concello foi o primeiro da comarca do Deza no que se desenvolveron actuacións por parte do Servizo de Patrimonio Documental cara á organización do seu fondo documental. En 1988 levouse a cabo esta primeira organización, que se completaría máis recentemente, no ano 1995, cunha segunda fase tendente á reincorporación documental e á readaptación do proceso de clasificación adaptándose ó novo cadro de clasificación e a informatización dos instrumentos de descrición nos anos 1994, 1999 e 2003.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Silleda sitúase no norte da provincia de Pontevedra e residen nel uns dez mil habitantes, nas 249 entidades de poboación distribuídas que se contabilizan dentro das trinta e tres parroquias. O territorio do actual concello de Silleda pertencía no Antigo Réxime ás provincias de Lugo e Santiago, e estaba asignado a catro xurisdiccións distintas: a xurisdicción de Trasdeza, dependente do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Cira, dependente do conde de Altamira, dos mosteiros de Oseira e Aciveiro e mais do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Carboeiro, dependente do conde de Lemos e do mosteiro de San Martiño de Santiago e, por último, da xurisdicción de Deza, dependente do conde de Lemos, do cabido de Santiago e dos mosteiros de Oseira e Aciveiro. Estas dúas últimas pertencían á provincia de Lugo e as dúas primeiras á de Santiago. A comezos do século dezanove, no medio dos avatares políticos e dos sucesivos vaivéns administrativos previos á estabilización constitucional, funcionaron neste territorio os concellos de Grava, Escuadro, Breixa, Manduas, Laro, Lamela, Taboada e Silleda. A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, na definitiva configuración dos diferentes concellos do Partido Xudicial de Lalín, nace o concello de Chapa. A capitalidade deste trasládase, xa no ano 1838, a Silleda provocando unha serie de queixas dos veciños de Chapa, Cira, Dornelas e Castro. Posteriormente, no ano 1853 prodúcese o definitivo cambio de denominación polo actual de Silleda.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Silleda . Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
O arquivo está instalado na baixo cuberta da casa do Concello. Conta cunha superficie útil total de 80 m2.
Aceptables condicións de habitabilidade e dotación de equipamentos suficiente. Carece de posibilidade de consulta no propio local.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=5600000
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=828325
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_53_SILLEDA_20160912.pdf/8f16f804-8659-416c-a450-f08df9c36c61
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_43_SILLEDA_20160913.pdf/053b6a16-152f-4b22-a891-82806553319d
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/263
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10501