• 1.1. Código identificador
    ES GA 36053 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de SOUTOMAIOR
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Soutomaior
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    O primeiro proceso de organización da documentación levouse a cabo en 1987, dispoñéndose naquel entonces un local para a súa colocación e conservación na planta baixa da casa do concello. A remodelación posterior do edificio fixo necesario o traslado da documentación a un edificio próximo ata a súa colocación no local actual, que se levou a cabo no ano 1991, acometéndose entonces a reincorporación da documentación producida nos últimos anos. Por mor da insuficiencia espacial do local preveuse na ampliación da casa do concello un novo local para o arquivo que complementa ós anteriores, no que en 2007 instalouse a documentación logo da súa reorganización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado nos arquivos municipais da provincia e procedeuse á informatización dos instrumentos de descrición.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Concello situado na costa pontevedresa, entre as áreas urbanas de Pontevedra e Vigo, enclavado nas cuncas dos ríos Verdugo e Oitavén, que o atravesan. Fórmano dúas únicas parroquias, Soutomaior e Arcade, nas que habitan algo máis de cinco mil habitantes. O territorio do actual concello de Soutomaior pertencía á antiga xurisdición do seu mesmo nome, que abarcaba no seu día as parroquias de Soutomaior, Insua, Barbudo, Anceu, Forzáns, Berducido, Fornelos, Calvos, Traspielas e Pazos, correspondendo o seu señorío ó duque e señor de Soutomaior; á súa vez o coto de Arcade dependía do arcebispado de Santiago. A partir da creación das provincias e o establecemento constitucional dos concellos en 1936, xorde o concello de Soutomaior, integrado no Partido Xudicial de Redondela, xunto ós de Mos, Redondela e Pazos de Borbén. Formaban este municipio as parroquias de Arcade, Calvos, Estacas, Fornelos, Laxe, Soutomaior e Traspielas, cun total de 1.256 veciños e 5.244 almas. No ano 1870 prodúcese a segregación definitiva das parroquias de Calvos, Estacas, Fornelos, Laxe e Traspielas para formar o novo municipio de Fornelos de Montes, quedando o de Soutomaior formado polas parroquias que o compoñen hoxe en día.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Soutomaior. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=3745000 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=834218
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_54_SOUTOMAIOR_20160909.pdf/2bc11f8e-e01e-44d8-b2b6-efd7f9125e96 Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_44_SOUTOMAIOR_20160913.pdf/7705d166-d853-4258-8122-d8c68fbff329 Coleccións: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/colecciones/-/colecciones/20
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9.00 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Non.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-09 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-25 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Pontevedra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -