• 1.1. Código identificador
    ES GA 36054 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Tomiño
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Tomiño
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluíndo a ampliación dos locais nos anos 1990, 1991, 1997, 2001, 2003, 2007, 2009, 2010, 2012 e 2014.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Está situado no sur da provincia de Pontevedra; ten unha superficie superior aos 102 km2, cun total de quince parroquias nas que se asentan 134 entidades de poboación. O territorio do actual concello de Tomiño distribuíase antes do seu establecemento constitucional en oito xurisdiccións diferentes: as de Amorín, Barrantes, Currás, Forcadela, Goián, Sobrada, Tebra e Tomiño, dependentes do bispo e cabido de Tui, dos propios veciños, da Encomenda de Beade e de varios señores. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 contémplase a existencia de varios concellos distintos neste territorio; en concreto no ano 1821 existían os de Tebra, Barrantes, Amorín, Sobrada, Tomiño e Goián. Na definitiva reforma do ano 1836 estableceuse a creación inicial deste concello dentro do Partido Xudicial de Tui e integrado polas parroquias de Tomiño, Barrantes, Figueiró Estás, Goián, Piñeiro, Sobrada, Taborda, Forcadela, Amorín, Currás, Santa María de Tebra, Pinzás, San Salvador de Tebra e Vilameán, cun total de 8.115 almas. Foron moitos os intentos que nestes anos se produciron para formar novos concellos segregando parte das parroquias que o integran. Empezaron xa no ano 1839 cando os veciños de Goián intentan crear un municipio independente; esta tentativa repítese en 1844 polos mesmos veciños e, ó mesmo tempo, polos de Sobrada, Piñeiro e Taborda que tamén buscan crear un concello propio. En 1847 serán os veciños de Sobrada, Piñeiro, Currás Amorín e Taborda os que soliciten formar concello diferenciado.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Tomiño. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do concello de Tomiño: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=5700000 Fondo do xulgado de paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=835092 Fondo da irmandade sindical de labradores e gandeiros de Tomiño: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=898172 Fondo da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=1010916
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación de fondo do concello de Tomiño: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_55_TOMI%C3%91O_20160912.pdf/9f29b9b3-b8ab-4fec-ab47-27482d74c6f0 Cadro de clasificación de fondo do xulgado de paz de Tomiño: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_45_TOMI%C3%91O_20160913.pdf/1cc7f6f7-9828-4f90-86e8-27f3d5729bb6 Cadro de clasificación de fondo da irmandade sindical de labradores e gandeiros de Tomiño: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886815/Irmandade+Sindical+de+Labregos+e+Gandeiros+de+Tomi%C3%B1o.pdf/51b07e71-eb49-42f7-a647-bef3be14cf7b Cadro de clasificación de fondo da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886815/Mancomunidade+do+Baixo+Mi%C3%B1o.pdf/a1dbc36b-a422-4ae4-a7ba-5722ac9102c9 Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/271 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10748
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9.00 a 13:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Non.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-09 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-26 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -