• 1.1. Código identificador
    ES GA 36056 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Valga
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Valga
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 2.1. Localización
    Avenida da Coruña, 14, 36645 Valga (Pontevedra)
  • 2.2. Enderezo
    VALGA
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 986 559 456
    Fax:
    +34 986 559 455
    Email:
    concello.valga@eidolocal.es
  • 2.4. Persoas de contacto
    Santiago Chenlo. Responsable do Arquivo
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    No ano 1991 procedeuse a instalar no edifico do concello o arquivo municipal, para o cal se reservou a superficie do baixo cuberta, á que se accede na actualidade por escaleira lateral ou ascensor. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo nos anos 1986-1987, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación, incluída a mellora do local, nos anos 1991, 2002, 2005, 2008, 2010, 2012 e 2015.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O concello de Valga sitúase no noroeste da provincia de Pontevedra, ocupando unha superficie superior aos 38 quilómetros cadrados, con 58 entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias actuais, nas que residen máis de 6000 habitantes. O actual territorio de concello de Valga formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Cordeiro e de Padrón, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século dezanove planéase inicialmente a creación do concello de Cordeiro, integrado por dez parroquias e con capitalidade no lugar de Forno; no remate do proceso modifícase sensiblemente esta pretensión inicial e xorden dous concellos diferentes: Valga, con seis parroquias, e Catoira, con outras catro, formando parte os dous do Partido Xudicial de Caldas de Reis. Posteriormente, en 1925, producirase a segregación da Entidade Local Menor de Pontecesures e, polo tanto, desa parroquia para formar un concello independente; o concello de Valga dende entón queda coa súa fisionomía actual.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Valga. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello. O arquivo sitúase no baixo cuberta do edificio do Concello. Conta cunha superficie útil superior ós 160 m2, coas dotacións necesarias de equipamentos e mobiliario para a conservación, tratamento e consulta do fondo documental e cos boas condicións de habitabilidade.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=2283651 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=837759
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_57_VALGA_20160909.pdf/7c612f3a-cc47-46c2-a098-80bcb1fd9b50 Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/VALGA.pdf/0d7cb2e6-bf74-48aa-9dbb-10ca41c8803d Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/410 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10916
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 8.00 a 15:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-09 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-26 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Pontevedra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -