• 1.1. Código identificador
    ES GA 36057 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Vigo
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Vigo
  • 1.4. Outras formas do nome
    Arquivo Xeral do Concello de Vigo Archivo General del Ayuntamiento de Vigo
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 2.1. Localización
    Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo (Pontevedra)
  • 2.2. Enderezo
    Vigo
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 986 810 100 (extensión 1186)
    Fax:
    -
    Email:
    ofi.arquivoxeral@vigo.org
  • 2.4. Persoas de contacto
    Diego Gómez - Aller Andrés, técnico superior de arquivo.
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación. O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición. Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental. No caso do Concello de Vigo a primeira referencia que temos data de 1840, cando a corporación acorda realizar os pertinentes traballos sobre a masa documental, que por aquel entón estaba sen clasificar nin indizar. Para realizar eses traballos sería escollido Francisco Ávila y la Cueva dando lugar ao “Índice de todos los papeles que se cutodian en el archivo de las casas consistoriales de la muy fiel, leal y valerosa ciudad de Vigo” que conta cun total de setenta follas. Varios acontecementos provocaron a destrución, fragmentación e dispersión dos fondos documentais pertencentes á Institución. En tempos máis recentes o Arquivo pasa dividido, xa que numerosas seccións e negociados mantiñan o seus arquivos particulares, ás dependencias que o Concello posuía no edificio do antigo Cárcere do Partido. Outra parte do fondo, que poderíamos denominar “histórica” sería depositada no Pazo Museo Quiñones de León. Esta dispersión e a falta dun criterio unificado e un espazo axeitado provocou que o Arquivo se fose transformando nunha especie de “almacén” na que cada servizo ou negociado coñecía a organización e localización dos seus documentos sen existir ningún tipo de actuación conxunta e organizada. Dende 1976 o Arquivo foi trasladado a súa actual localización, no segundo soto da Casa do Consello, e comezou un proceso de clasificación, ordenación e inventariación do que temos noticias a través das memoria elaboradas polos diferentes funcionarios que ocuparon a dirección do Arquivo. Ata 2004 o Arquivo foi ampliando as súas dependencias e realizando procesos de inventariación e indización. Actualmente, estase a traballar na recatalogación, redescrición, reordenación e reclasificación dos fondos documentais do Arquivo, así como nun plan piloto de dixitalización que modernice o servizo e o poña a disposición de toda a cidadanía e dependencias municipais.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Vigo ten unha poboación de case 300.000 habitantes aínda que, en realidade, a diario viven, traballan e estudan nesta cidade case medio millón de persoas, representando o 32% da poboación da provincia de Pontevedra e o 12% da poboación de Galicia. Ademais de ser a cidade máis poboada de Galicia, é tamén a que maior fluxo migratorio rexistrou en toda a súa historia. Polo porto saíron, no pasado, centos de miles de emigrantes cara a América, pero tamén ducias de miles quedaron aquí e fixeron súa esta cidade axudando a construíla. Vigo é unha urbe moi nova. A súa carta de cidadanía data de 1810 e o gran desenvolvemento urbano e demográfico produciuse no século XX, no que multiplica por vinte a súa poboación. A cidade de Vigo está situada na metade da ría, á que dá o seu nome. O municipio, de 110km2, limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña. A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. O Concello de Vigo ten un gran núcleo urbano, no que prima a división administrativa baseada nos barrios. Pero tamén posúe unha importante zona rural, onde a división tradicional en parroquias, formada por aldeas e lugares, segue estando moi viva.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Vigo. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    As dependencias do Arquivo encóntrase situadas no segundo soto da Casa do Concello. Conta unha superficie total de 960 m2 e 6.100 metros lineais de estantes aproximadamente. A superficie distribúese nunha sala de recepción/sala de investigadores, unha oficina, un despacho, unha sala de dixitalización e tres depósitos documentais. Nestes últimos podemos encontrar tanto estantes fixos (primeiro depósito) como estantes compactos (segundo e terceiro depósito). .
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo xeral: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/-/arquivo-municipal-vigo Fondo do Concello de Vigo: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=12568687 Fondo do Concello de Bouzas: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=12568723 Fondo do Xulgado de Bouzas: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=12568778 Fondo do Concello de Lavadores: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=12568736 Fondo do Marquesado de Valadares: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=12568753 Fondo do Marquesado de Mos e Valadares: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=12568760 Fondo do Condado de Ramiráns e Ximonde: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=12568768 Fondo do Obra Pía da Familia Coronel: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=12596355 Fondo do Hospital de Pobres de Vigo: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=12632460 Fondo do Capela do Castro: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=12785674 Fondo do Colexiata de Vigo: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=12921779 Fondo do Escola de Nenos de Vigo: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=12897574 Fondo do Banda de Música: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=12921787 Fondo do Escola Municipal de Artes e oficios: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=12943549 Fondo do Colección Hemerográfica: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=12581190 Fondo da Fábrica de papel de Soutorredondo: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=14150225 Fondo da Colección documental Manuel Yáñez: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?p_p_id=catalogodocumenalportlet_WAR_catalogodocumentalportlet&idObjeto=coleccion-documental-manuel-yanez-depo00201325717 Fondo da Xunta carceraria: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?p_p_id=catalogodocumenalportlet_WAR_catalogodocumentalportlet&idObjeto=xunta-carceraria-do-partido-xudicial-de-vigo-depo00201340702
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello de Bouzas: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886836/CC_02_Bouzas_20200903.pdf/3711c725-c140-41cc-99b4-a69122070a7f Cadro de clasificación do fondo do Concello de Lavadores: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886836/CC_04_Lavadores_20200903.pdf/863c07e1-67ee-4d87-8fe2-518f08ab8b7f Cadro de clasificación do fondo do Marquesado de Valadares: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886836/CC_05_Valadares_20200903.pdf/0ef19ec3-8f11-4053-91bf-6e9e1bede1f6 Cadro de clasificación do fondo do Marquesado de Mos e Valadares: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886836/CC_06_Mos_20201217.pdf/53d0e8c9-c337-43da-b5f0-475b5cfa0a82 Cadro de clasificación Condado Ramiráns e Ximonde: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/1454801/CC_07_Condado_Ramiras_20230110.pdf Cadro de clasificación do fondo do Obra Pía da Familia Coronel: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886836/CC_08_Coronel_20210108.pdf/4a67dc52-378f-4d9e-ba1b-7a5162be192d Cadro de clasificación do fondo do Hospital de Pobres de Vigo: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886836/CC_09_Hospital_20200112.pdf/69f2c9d4-e7ce-40d6-ace7-4975692644a4 Cadro de clasificación do fondo do Capela do Castro: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886836/CC_10_Capela_20210112.pdf/e4a6a140-0eaa-4cc2-aacf-cea3277dc8a7 Cadro de clasificación do fondo do Colexiata de Vigo: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886836/CC_11_Colexiata_20210302.pdf/5c638a6d-9d15-4d64-8962-c65e1e027599 Cadro de clasificación do fondo do Escola de Nenos de Vigo: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886836/CC_12_Escola_de_nenos_20210202.pdf/0ab80ab7-4bc5-4b5f-abff-19d0e047793b Cadro de clasificación do fondo do Banda de Música: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886836/CC_13_Banda_de_Musica_20210225.pdf/db9c16e8-d39c-4147-8965-5fda861e853a Cadro de clasificación fondo Fábrica de papel de Soutorredondo: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/1454801/CC_15_Fabrica_de_papel.pdf Cadro de clasificación fondo colección documental Manuel Yáñez: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/1454801/CC_16_Manuel-Yanez.pdf Cadro de clasificación fondo Xunta carceraria Partido Xudicial de Vigo: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/1454801/CC_17_Xunta_Carceraria.pdf
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9:00 a 13:30 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Acceso libre e gratuíto para toda a cidadanía previa solicitude. A documentación é de acceso libre a excepción daquela afectada pola normativa legal vixente en materia de acceso, protección de datos de carácter persoal e seguridade do Estado. https://sede.vigo.org/expedientes/tramites/tramite.jsp?id_tramite=143
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    O Arquivo conta cunha sala de recepción/sala de investigadores cun mostrador de atención e cinco postos de consulta (catro deles con computadores). Ademais, conta cunha pequena biblioteca auxiliar (sen catalogar) con materiais referentes á cidade de Vigo e a súa contorna, así como relacionado con temas administrativos e xurídicos.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Sala de investigadores.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-10 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-26 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Pontevedra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -