3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1985, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación, incluíndo a mellora e reforma do local, nos anos 1986, 1992, 1999, 2000, 2001, 2004, 2007, 2009 e 2010.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo. Ocupa unha superficie superior aos 34 quilómetros cadrados con 61 entidades de poboación dispersas nas súas 5 parroquias, nas que residen ao redor de seis mil habitantes. O actual territorio do concello de Vilaboa formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Vilaboa. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
O arquivo municipal sitúase no baixo cuberta do edificio do Concello; presenta unha estrutura rectangular con algo máis de 70 m2 útiles. Contén os equipamentos necesarios para almacenamento e tratamento documental e conta con idóneas condicións de habitabilidade.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=1646773
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=844214
Fondo do Arquivo das Salinas de Vilaboa: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=906632
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_60_VILABOA_20160912.pdf/57229ad5-b2f3-4d16-95e7-74831ff33a18
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/VILABOA.pdf/028bff18-7536-4906-b705-5d347d66d475
Cadro de clasificación do fondo do Arquivo das Salinas de Vilaboa: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886815/Salinas+de+Vilaboa.pdf/fd4260ed-1fd4-45b5-bb28-858add203c53
Coleccións: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/361
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10437