• 1.1. Código identificador
    ES GA 36060 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Vilagarcía de Arousa
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo en 1984-1985, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora do local, nos anos 1986, 1988, 1991, 2002, 2003, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011 e 2012.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie de 48 quilómetros cadrados, con 85 entidades de poboación dispersas en trece parroquias, nas que residen 35.000 habitantes. O territorio do actual concello de Vilagarcía de Arousa formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Vilagarcía de Arousa. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello. O arquivo ocupa o baixo cuberta do edificio do Concello, distribuído en tres amplas salas, que serven de depósito, zona de traballo e consulta. A este espacio engádenselle varios locais nos sotos do concello. Conta cos equipamentos necesarios e habitabilidade para a súa función.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=8000000
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_61_VILAGARC%C3%8DA+DE+AROUSA_20160912.pdf/45cbe57c-1365-4791-b834-2fd7f476b056 Coleccións: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/458 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=51063
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 8.00 a 15:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes
  • 4.3. Accesibilidade
    Non.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-09 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-25 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Pontevedra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -