• 1.1. Código identificador
    ES GA 15078 AHUS
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo Histórico Universitario da Universidade de Santiago de Compostela
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Histórico Universitario de la Universidad de Santiago de Compostela
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Categoría: Arquivos universitarios.
  • 2.1. Localización
    Casas Reais, 5, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • 2.2. Enderezo
    SANTIAGO DE COMPOSTELA
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 881 812 880
    Fax:
    +34 881 812 885
    Email:
    arquivo.historico@usc.es
  • 2.4. Persoas de contacto
    Desirée Mª Domínguez Pallas. Directora Jaime Fariña Fernández. Subdirector
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    É a Orde Ministerial de 7 de novembro de 1968 a que denomina a este arquivo como Arquivo Histórico Universitario. O Aquivo Histórico Universitario está ligado á historia da Universidade de Santiago dende a súa fundación, ainda que posee documentación anterior a esta data, aportada polos fundadores para garantir o seu patrimonio. Dende casi o principio hai novas da existencia do Arquivo nas Constitucións, Estatutos e nos libros de Visitas. Nelas danse normas de organización e conservación, salientando a visita do ano 1600 efectuada por D. Alonso Muñoz de Otalora. No século XVI o Arquivo comeza a estar baixo a tutela do Secretario da Universidade, custodiando documentos que emanaban do Claustro e do propio Rector, mostra da súa doble función, directiva e docente. Neste século tamén comezan a funcionar os Colexio de Fonseca e San Xerome que continúan ata o século XIX. Se o século XIX, especialmente a Ley Moyano de 1857, fixo que o Arquivo da Universidade vise incrementados os seus fondos con documentación allea a ela, pero de carácter académico, como fondos de Ensino Primario, Secundario, Escolas Normais e Especiais, entre outros, será no século XX, a partires dos anos coarenta, cando comezará a contar con documentación relativa á cidade e ó seu entorno. Este incremento faise por cesións, depósitos, donacións e adquisicións da propia Universidade. Así ingresarán fondos procedentes da Administración de Bienes Nacionales do partido de Santiago, relativos a mosteiros e conventos, cabidos catedralicios, confrarías e outras institucións eclesiásticas ás que afectaron as leis desamortizadoras do século XIX. A partires dese momento ingresarán os fondos das antigas Contadurías de Hipotecas e do Hospital Real. Os protocolos do Distrito Notarial de Santiago ingresaron no ano 1969 e no ano 1993 os protocolos dos distritos de Arzúa, Melide, Corcubión, Muros, Negreira, Noia, Ordes e Padrón. O fondo do Concello de Santiago de Compostela ingresou no ano 1994. e fondos de Arquivos de empresa, Familiares e de Sociedades. O Arquivo, que nos seus albores estivo no Colexio de Fonseca, sede da Universidade, pasóu no ano 1769 ó Colexio da Compañía, cando a institución académica toma posesión do devandito colexio. A partires da década dos oitenta o Arquivo acadou o verdadero apoio institucional que lle permite desenvolve-lo seu cometido. Ata o ano 1990 o arquivo estaba situado no terceiro andar da Facultade de Xeografía e Historia, onde os locais non reunían as condicións necesarias, o que fixo que no ano 1990 se trasladase ó antigo edificio de Casa Simeón, sometido a un proceso de rehabilitación e acondicionamento.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Durante case 500 anos desde a súa fundación foi a única universidade existente en Galicia, hasta que no ano 1989 creanse as universidades da Coruña e Vigo. A súa zona de influencia é o noroeste peninsular, especialmente Galicia, Asturias e León de donde proceden a maior parte dos seus alumnos.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Decreto 15/2016, de 14 de xaneiro, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia e o procedemento de avaliación e selección de documentos, Decreto 25 /2016, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Arquivos de Galicia. Resolución rectoral pola que se establecen as tarifas de servicios, compulsas e reproducciones de documentos do Arquivo. Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela. Regulamento do Arquivo Universitario, aprobado pola Xunta de Goberno de 20 de Xullo de 1998. Instrución 1/2020 da Secretaría Xeral de 31 de xaneiro de 2020 para o tratamento e xestión da documentación administrativa
  • 3.4. Estructura administrativa
    Dirección Administración Sección arquivo Laboratorio de restauración Reprografía
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    -
  • 3.6. Edificio
    Despois de ocupar instalacións diversas ao longo da súa andaina -desde a arca orixinal ata as precarias instalacións da planta 3ª da actual facultade de Xeografía e Historia-, desde o ano 1990 o Arquivo ocupa un inmoble propio situado na zona histórica da cidade: o antigo edificio da Casa Simeón, edificio rehabilitado dacordo á función e uso que ía ter. Con 2.590 m2 de espazo articulado en seis plantas, das que tres se dedican exclusivamente a depósitos documentais coas precisas condicións ambientais e de seguridade. O edificio conta con espazos e instalacións axeitados para usuarios internos e externos, incluíndo unha sala de conferencias e exposicións con capacidade para cincuenta persoas.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    -
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    https://www.usc.gal/gl/servizos/area/arquivo-historico-xestion-documental "Arquivo Histórico Universitario". Tríptico despregable. Santiago de Compostela, C.O.I.E., s.a. (1983). http://www.usc.es/arquivo/fondos/ https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=126
  • 4.1. Horario
    Inverno: de luns a venres, de 9:30 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h. Verán (xullo e agosto): de luns a venres, de 9:30 h a 14:00 h.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    A documentación é libremente consultable coas limitacións que marcan as leis vixentes. A consulta realízase na Sala de Investigadores, dotada de 30 prazas. Excluída da consulta a documentación en mal estado, en restauración, prestada para mostras, etc.
  • 4.3. Accesibilidade
    Acceso para persoas con discapacidade: Si. A parada mais próxima ao arquivo é a da Porta do Camiño na que paran varias liñas de transporte urbano: 6, 9, 13, C6 e C11.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    Sala de lectura en microfilme. Sala de consulta á base de datos e imaxes. Asesoramento por persoal cualificado sobre os fondos do Arquivo. Resposta ás consultas por teléfono, fax, correo postal e electrónico. Copias compulsadas de documentos.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Dispón de servicio de Dixitalización. Ofrécense, cos límites e tarifas establecidos normativamente (Ver: http://www.usc.es/arquivo/servizos/tarifas.htm) e sempre que as características da documentación o permitan, distintas modalidades de reprografía.
  • 5.3. Espazos públicos
    Biblioteca auxiliar do Arquivo que consta de 3.957 obras de Historia e Institucións. Taquillas situadas no hall de entrada á Sala de investigadores para o depósito de abrigos, bolsos, cámaras fotográficas, teléfonos móbiles,…
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-12-19 [ISO 8601]. Revisión: 2015-01-28 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -