3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
No século XVIII, froito da Ilustración, se crean as sociedades económicas de amigos do país, agrupacións filantrópicas que pretenden achegar os medios precisos para desenvolver unha transformación nos campos da agricultura, gandería e a industria, así como a promoción da música, a arte e a cultura en xeral.
A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago creada por Real Cédula de Carlos III, do 23 de setembro de 1784, xurdiu pola iniciativa de membros do Cabido, da Universidade e da burguesía Compostela. A súa primeira sede estivo nos locais prestados polo Concello na casa consistorial.
A complicada situación vivida pola Sociedade Económica dende a súa fundación ata o seu definitivo restablecemento no ano 1833 levo consigo diferentes recolocacións da súa sede con consecuencias nefastas como a desaparición da documentación dos seus inicios.
Por Lei de 8 de febreiro de 1877, outorgáselle a consideración de corporación do Estado.
Unha moción do socio Sagastizabal intentou recuperar eses documentos, en concreto solicitaba que “a Sociedade procure as actas e papeis da antiga Sociedade”. Noméase unha Comisión que elabora un informe dando parte das súas investigacións e presentando copias dos resumos dalgunhas das actas en cinco cadernos que abranguen os anos de 1784 a 1789, ademais dun libro da contadoría de 1784 e varios documentos económicos: 28 libramentos, 3 recibos de tesoureiro, 5 oficios e 3 cartas.
Así mesmo, o 27 de maio de 1897 o alcalde do Concello fixo entrega de 67 libramentos correspondentes aos anos de 1821 ata xuño de 1823, constando a falta do libramento nº1, custodiados no Arquivo municipal.
En 1862, a través do secretario, vólvese a requirir información ao Consulado da Coruña sobre as actas da Sociedade, contestando que as actas non se atopan pero si as constitucións da Sociedade.
Hai constancia de que en 1889, o bibliotecario arquiveiro, Felipe Gutiérrez de la Peña y Tostado elaborou un inventario, que se conserva no Arquivo. Consta de 39 folios e describe os documentos por orde cronolóxica, dende 1784 ata 1880, agrupados nun total de 29 mazos.
Hai un libro rexistro do Arquivo, sen data de produción, que recolle a descrición do anterior inventario e a continúa ata o mazo número 50 que abrangue as datas de 1784 a 1901.
Arredor de 1980 se elaborou un ficheiro por materias e os documentos se ordenaron cronoloxicamente.
Na actualidade o Arquivo, mantén a ordenación que tiña, pero está estructurado seguindo unha clasificación funcional tomando como modelo os cadros de clasificación doutras institucións como o de municipais proposto pola Mesa Nacional de Arquivos da Administración Local. A descrición está adaptada a norma ISAD (G) seguindo as propostas de adaptación da norma do Manual de Descrición Multinivel e da NOGADA (Norma Galega de Descrición Arquivística). A aplicación informática Albalá é o soporte de descrición e conta cun módulo de acceso web a través da páxina www.arquivosdegalicia.org e á páxina da RSEAPS www.economicadesantiago.org.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Ver os estatutos da RSEAP de Santiago en : http://www.economicadesantiago.org/estatutos.pdf No tocante ao contexto xeográfico, no artigo 4º dos estatutos di que desenrolará as súas actividades en todo o territorio de Galicia.
3.3. Atribucións/fontes legais
Constitúese por Real Cédula do rei Carlos III, o 23 de setembro de 1784.
-Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio cultural de Galicia.
-Orde Ministerial do 24 de febreiro de 1998, pola que a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago é declarada de utilidade pública.
-Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación.
-Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Xunta de Goberno Administración Arquivo
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
A RSEAPS é a institución que xera os documentos e vai incrementando os fondos do Arquivo, que se incorporan a descrición aínda que non estean a dispoñibilidade pública. A actual descrición abarca ata o ano 1981.
3.6. Edificio
En 1955 se instala nun edificio propiedade de Caixa Galicia situado na Praza Salvador Parga n.º 4. Unidades de instalación: 184 ( 177 caixas e 7 libros de actas).
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
http://albala.arquivodegalicia.xunta.es/cgi-bin/albcgi.exe?CMD=LOGGON&USER=rseaps&PASS=archivo&LINK_TO=VER_FONDOS#
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
-