3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
A casa do Concello é unha edificación de 1932, relativamente moderna, cun bo estado de conservación, distribuída en baixo e planta á que se lle fixo unha recente reforma que permitiu o seu desenvolvemento en altura mediante o aproveitamento do baixo cuberta, espazo no que se situaron logo da ampliación dúas salas que acolleron arquivo municipal.
Esta reforma conlevou o traslado do arquivo dende a planta baixa ata esta nova localización, garantindo unha superficie abondo para os fondos existentes daquela. O paso dos anos fixo insuficiente estas instalacións e decidíuse o traslado do arquivo municipal a unha sala da planta baixa do Edificio pazos, á carón da oficina de Correos (R/Luis Cubelas, 1),
O proceso de organización inicial da documentación levouse a cabo en 1992, con posteriores reincorporacións documentais nos anos 1997, 1998, 2001, 2005, 2009, 2011. 2013 e 2016; sería en 1997 cando se fixo a reorganización e adaptación ó novo cadro de clasificación , así como a informatización dos instrumentos de descrición.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Arbo enclávase no sur de Galicia. Pertence á comarca do Paradanta e xudicialmente intégrase no Partido de Ponteareas. Conta cun total de 144 entidades de poboación dispersas en seis parroquias. O territorio do actual concello de Arbo formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a rexentada polo marqués de la Sierra, que abarcaba as parroquias de Cequeliños e Mourentán; e a do conde de Salvaterra, que incluía as parroquias de Arbo, Barcela, Cabeiras e Sela. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Barcela, Arbo e Alveos ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorden dentro do partido xudicial da Cañiza, entón establecido, os concellos de Arbo, Covelo, A Cañiza e Crecente. O concello de Arbo mantense dende aquela ata a actualidade coa mesma disposición xeográfica e integrada polo mesmo número de parroquias.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Arbo. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
A casa do concello é unha edificación de 1932, cun bo estado de conservación, que se distribúe en baixo e planta e á que se lle fixo unha reforma que permitiu o seu desenvolvemento en altura ao aproveitar o baixo cuberta, espazo no que se situaron dúas salas que acollen o arquivo municipal.
Tras esta reforma trasladouse o arquivo da planta baixa á primeira planta para garantir que existise suficiente superficie para os fondos existentes daquela. Co paso dos anos estas instalacións quedaron pequenas, polo que se decidiu trasladar parte do arquivo municipal a unha sala da planta baixa do edificio Pazos, a carón da Oficina de Correos (rúa Luis Cubelas, 1).
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=4400003
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/-/arquivo-xulgado-de-paz-de-arbo
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_2_ARBO_20160909.pdf/cb3a1ae7-8728-4da8-882a-34880923cfaa
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_2_ARBO_20151202.pdf/ecdbdf1c-3578-49ba-9b08-340e6f75e80a
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/305
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=57589