3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O Arquivo Naval de Ferrol é o continuador orgánico do antigo Arquivo Xeral da Zona Marítima do Cantábrico, cuxa denominación foi actualizada ao suprimirse as Zonas Marítimas, que daban orixe á estrutura territorial da Armada, en aplicación do Real Decreto 912/2002, de 6 de setembro, polo que se desenvolve a estrutura básica dos Exércitos. É un dos cinco arquivos intermedios que forman parte do Subsistema Arquivístico da Armada. O Arquivo reúne, organiza, custodia e serve fondos procedentes dos órganos con sede e/ou responsabilidades na antiga xurisdición territorial da Marina de Guerra en Ferrol e, no futuro, os procedentes dos órganos da Armada que exerzan as súas funcións dentro do territorio da suprimida Zona Marítima. En 1958 o Arquivo pasou a ocupar o edificio de Servizos Xerais da Rúa María, desde onde foi recentemente trasladado á súa sede actual. Os fondos do Arquivo datan maioritariamente do último cuarto do s. XIX, aínda que existen pequenos grupos do s. XVIII e primeira mitade do s. XIX. Os fondos máis antigos están representados por documentación relativa a propiedades
adquiridas pola Armada en Ferrol, legaxos de Contaduría Xeral e fondos de Escribanías de Marina. Destacan tamén os procedentes de Capitanía Xeral, especialmente do seu Estado Maior; do Arsenal; das Agrupacións Navais e buques con base na Zona; das Comandancias e Axudantías de Marina ou das Prisiones Navais. De especial interese é o fondo de Xustiza, formado por expedientes e causas tramitados pola autoridade xudicial do Departamento e da Escuadra ou Flota, que se atopa en réxime de depósito do Tribunal Militar Territorial IV, ou a documentación relacionada coas operacións de reclutamento e mobilización. O Arquivo conta, ademais, con varias series facticias (Cartas e Planos, Corpos de Marina, Buques ou Libros Matrices). O Arquivo remonta a súa orixe á creación dos Departamentos Marítimos por Felipe V, en 1726. A ubicación máis antiga que se coñece do Arquivo é a do almacén de San Campio, no Arsenal, se ben a documentación atopábase distribuída en catro emplazamentos: Capitanía Xeral (fondo militar), Xefatura do Arsenal (fondo industrial), Intendencia (fondo administrativo) e San Campio (fondo de xeneralidade), que facía as veces de depósito central. La saturación destes locais obrigou a tomar diversas medidas. Por unha parte, transferiuse documentación ao Arquivo Xeral do Ministerio
de Marina e ao Arquivo Xeral da Marina "Álvaro de Bazán", en El Viso del Marqués (Ciudad Real). E, por outra parte, comezouse a busca de novo inmoble. A este respeito, dispúxose o traslado do Arquivo Xeral do Departamento ao edificio de Servizos Xerais de Capitanía, tamén chamado de Oficinas Militares, sito na Rúa María, de recente construción. O traslado de documentación, iniciado en 1958, non se rematou, ata 1970 e foi paralelo ás transferencias de documentación a Viso del Marqués. As transferencias ao Arquivo Xeral da Marina tiveron lugar entre 1954 e 1975. A partir dese ano e ante o colapso deste arquivo histórico, pasouse a remitilas ao Arquivo Xeral da Administración, en Alcalá de Henares, en réxime de depósito. A última transferencia foi realizada no ano 1990. En total supuxeron a saída dun total duns 21.000 legaxos, cuxa datación máis antiga remontábase ao ano 1581.
3.3. Atribucións/fontes legais
-Real decreto 2598/1998, do 4 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de arquivos militares.
-Orde/PRE/447/2003, do 27 de febreiro, pola que se determinan os órganos de dirección, planificación e execución do Sistema Arquivístico da Defensa, se modifica a dependencia e composición da Xunta de Arquivos Militares e se establece a dependencia e composición da Comisión Calificadora de Documentos da Defensa.
-Instrucción 15/2010, do 30 de marzo, do Xefe de estado Maior da Armada pola que se establece o Subsistema Arquivístico da Armada
-Orden DEF/486/2011, do 9 de febreiro, pola que se establecen os prezos públicos para a reprodución de documentos custodiados nos arquivos dependentes do Ministerio de Defensa.