3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
É difícil para os historiadores precisar a data da erección da diócese. Hai testimonios claros desde o II Concilio de Baraga (572) ainda que se poden rastrexar indicios en datas anteriores. Destruida polos árabes en torno ao ano 716, foi restaurada por Alfonso III no ano 881. Mantense como bispado ao longo do século IX e gran parte do X. Non hai novas dos seus prelados a partir do ano 974 ata a restauración definitiva no ano 1071. Durante ese século a diócese estivo administrada por Lugo. A partir dese ano seguiu como sufragánea de Braga hasta a época do cisma, no ano 1395, en que pasa a depender da diócese compostelana.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
A diócese de Ourense, sufragánea da de Compostela, esta enclavada dentro da provincia de Ourense. Desde 1954 os seus límites se corresponden cos da provincia coa excepción dos partidos xudiciais de O Barco de Valdeorras e parte do de Viana do Bolo que pertencen a diócese de Astorga.
3.3. Atribucións/fontes legais
Regulamento dos Arquivos Eclesiásticos Españois, aprobado pola Conferencia Episcopal Española, na sesión plenaria do 5 de xullo de 1976.
Estatutos da Asociación de arquiveiros da Igrexa en España, aprobados pola XLVIII asamblea da Conferencia Episcopal, o 22 de abril de 1988.
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Dependente do obispado.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
No Arquivo Diocesano atópanse concentrados o 94% dos fondos das aproximadamente 700 parroquias da Diócese de Ourense. Tamén existen importantes arquivos de curia (ordes, matrimonios, temas xudiciais…) e protocolos notariais.
3.6. Edificio
Situado ao norte do Seminario Maior, con forma rectangular. Consta de dous depósitos, sala de investigadores de 42m2. e despacho do director. Ten 3.760 m2., 960 metros lineais de estantes e 2046 metros lineais de documentación.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondos episcopais: Expedientes matrimoniais, colectoría, estatística, visitas, hospitais, beneficios, arrendos, dispensas, persoal, notarios, cámara, concurso e contabilidade. fondos civís: Protocolos notariais, dende 1500 en adiante.
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Protocolos notariais: https://www.obispadodeourense.com/documentos/guia/protocolosnotariales.pdf
https://www.obispadodeourense.com/documentos/guia/xunqueiradeambia2017.pdf
https://www.obispadodeourense.com/documentos/guia/librosarciprestazgoallariz.pdf
https://www.obispadodeourense.com/documentos/guia/librosarciprestazgoallariz.pdf
Archivo Histórico Diocesano de Orense: inventario del fondo de protocolos notariales (1415-1902)
Portada. Enrique Bande Rodríguez, María del Coro Lomas Lara. Deputación Provincial de Ourense, 1996.