3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O Estatuto de autonomía de Galicia establece como competencia exclusiva da Comunidade Autónoma, de acordo coas bases e a ordenación da actuación económica xeral e a política monetaria do Estado, a competencia en Industria, sen prexuízo do que determinen as normas do Estado por razóns de seguridade, sanitarias ou de interese militar e as normas relacionadas coas industrias que están suxeitas á lexislación de minas, hidrocarburos e enerxía nuclear. Asume, ademais, como competencias exclusivas as instalacións de produción, distribución e transporte de enerxía eléctrica cando este trasporte non saia do seu territorio e o seu aproveitamento non afecte a outra provincia ou comunidade autónoma (art. 27.13); e as competencias en artesanía (art. 27.17). Correspóndelle tamén o desenvolvemento lexislativo e execución do réxime mineiro e enerxético (art. 28.3), e a execución da lexislación do Estado en propiedade industrial e intelectual (29.2). Co inicio da autonomía no ano 1982, as competencias en materia de industria adscríbense á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio. O nome do departamento irá variando ao longo do tempo ao ritmo das diferentes áreas competencias de que se faga cargo. Así, se denominará Consellería de Industria e Enerxía (1983), Consellería de Industria, Enerxía e Comercio (1984), Consellería de Traballo, Industria e Turismo (1986), Consellería de Industria, Comercio e Turismo (1987), Consellería de Industria e Comercio (1990), Consellería de Innovación, Industria e Comercio (2003), Consellería de Innovación e Industria (2005), e, desde xuño de 2009 Consellería de Economía e Industria.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Pola súa orixe o arquivo está vinculado á consellería con competencias en materia de industria nos servizos centrais localizados en Santiago de Compostela. O seu ámbito territorial é toda Galicia.
3.3. Atribucións/fontes legais
-Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio cultural de Galicia.
-Orde do 30 de agosto de 2010, normas para realizar transferencias con destino aos arquivos dependentes da Xunta de Galicia.
-Orde do 31 de agosto de 2010 pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
-Orde do 1 de setembro de 2010 pola que se establecen as normas para a realización de préstamos de documentos entre os arquivos.
-Lei 7/2014. do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia
3.4. Estructura administrativa
Secretaría Xeral Técnica Vicesecretaría Xeral Arquivo
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Como arquivo central, recibe transferencias anuais dos distintos servizos, seccións e secretarías das unidades adscritas a Industria nos servizos centrais. Realiza a formación do persoal das oficinas relativa á organización e ás transferencias documentais
3.6. Edificio
Metros lineais de andeis: 2708,4 Metros lineais de documentación: 2560,3
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
-
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=88