3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O Arquivo de Galicia, cabeceira do Sistema de Arquivos de Galicia e representación da unidade do patrimonio documental de Galicia, créase oficialmente mediante o Decreto 207/2010, do 10 de decembro. Ten un antecedente no Decreto 17/2008, do 7 de febreiro, polo que se creaba o Arquivo Nacional de Galicia. Segundo o Decreto do 2010, o Arquivo Xeral da Administración da Xunta, unidade administrativa que exercía dende 1996 as funcións de recepción e tratamento da documentación producida e acumulada polas consellerías e outros órganos dependentes da Xunta de Galicia, pasa a integrarse no Arquivo de Galicia. En 2011 reestruturouse a Consellería de Cultura e Turismo, e a dirección técnica do Arquivo de Galicia adscribiuse á Subdirección Xeral de Arquivos. En 2012 as consellerías de Cultura e Educación uníronse na nova de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Arquivo de Galicia adscribiuse á Secretaría Xeral de Cultura. O Arquivo de Galicia exerce as funcións de centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia e arquivo intermedio e histórico do Subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia, e como tal ten o deber de conservar, difundir e acrecentar o patrimonio
documental de Galicia. En concreto, son as súas competencias: a) Recibir os documentos procedentes dos diferentes órganos da Xunta de Galicia ou das entidades públicas dela dependentes cun ámbito territorial superior a unha provincia. b) Recibir os documentos procedentes de organismos, institucións e entidades públicas de ámbito autonómico dependentes da Xunta de Galicia suprimidos, con independencia da sua antigüidade, e calquera outro fondo de carácter público ou privado de interese xeral para a comunidade autónoma que se acorde depositar nel. c) Programar, coordinar e dirixir a identificación, valoración e selección documental de todos os arquivos do Subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia. d) Organizar e describir os fondos documentais que custodie. e) Conservar os fondos documentais que custodie. f) Coordinar os programas de reprodución con fins de conservación de fondos do patrimonio documental de Galicia. g) Facilitar o acceso aos documentos que custodie nos termos que establece a lexislación. h) Difundir por calquera medio os fondos
documentais que custodie e, en xeral, o patrimonio documental de Galicia. i)Establecer e desenvolver normas técnicas arquivísticas para o Sistema de Arquivos de Galicia . j) En xeral, calquera outra función que lle sexa encomendada por razón da súa competencia.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O seu ámbito xeográfico como arquivo administrativo e histórico é toda a comunidade autónoma. Tamén debe coordinar a reprodución dos fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia que se atopen fóra do seu territorio.
3.3. Atribucións/fontes legais
-Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio cultural de Galicia.
-Orde do 30 de agosto de 2010, normas para realizar transferencias con destino aos arquivos dependentes da Xunta de Galicia.
-Orde do 31 de agosto de 2010 pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
-Orde do 1 de setembro de 2010 pola que se establecen as normas para a realización de préstamos de documentos entre os arquivos propios e xestionados pola comunidade autónoma e as oficinas da Xunta de Galicia.
-Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
-Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Dirección Área de xestión documental Área de comunicación e difusión
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Recibe transferencias: Adm. Autonómica, nos servizos centrais. Órganos ou entidades publicas da Xunta de entidade superior a provincial. Organismos autonómicos que fosen suprimidos. Promove a doazón, depósito e compra de fondos galegos privados
3.6. Edificio
Metros cadrados dos depósitos: 3.389 m² Metros lineais de andeis: 20.776,17 m Metros lineais de documentación: 8.889,43 m Unidades de instalación:77.300 A súa sede está na Cidade da Cultura de Galicia, e outro local no Polígono Industrial do Tambre.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
http://arquivosdegalicia.xunta.es/export/sites/default/arquivo-de-galicia/resources/downloads/CADRO_DE_CLASIFICACION_DEFINITIVO.pdf http://albala.arquivodegalicia.xunta.es/cgi-bin/albcgi.exe?CMD=LOGGON&USER=agopac&PASS=arquivo&LINK_TO=VER_
fondos#
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Arquivo de Galicia: Cidade da Cultura de Galicia. Xunta de Galicia. Quiroga Barro, Gabriel. “O Arquivo de Galicia: facer visible o invisible”. Quiroga Barro, Gabriel. “O Servizo do Subsistema de Arquivos da Comunidade Autónoma (Arquivo de Galicia)”. http://Arquivo de Galicia: Cidade da Cultura de Galicia. Xunta de Galicia. Quiroga Barro, Gabriel. “O Arquivo de Galicia: facer visible o invisible”. Quiroga Barro, Gabriel. “O Servizo do Subsistema de Arquivos da Comunidade Autónoma (Arquivo de Galicia)”.#