• 1.1. Código identificador
    ES GA 15030 ARG
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo do Reino de Galicia
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo del Reino de Galicia
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: estatal. Xestión: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia. Categoría: arquivos xerais e centrais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    O Arquivo do Reino de Galicia foi creado en 1775 pola Real Cédula do 22 de outubro de Carlos III, coa denominación de Arquivo Público e Xeral de Galicia, pola que se crea o arquivo, se dota de persoal e se regula o seu funcionamento. Pero en realidade a sua orixe atópase ligada á da Real Audiencia de Galicia, institución xudicial e gobernativa creada polos Reis Católicos a por Real Cédula do 3 de agosto de 1480, expedida en Toledo, confirmada por unha pragmática dada en Madrid en 1494 polos mesmos Reis, e ás disposicións que tanto Carlos V como a sua nai, dona Juana, deron a primeiros do século XVI para que se puxesen ben gardados os preitos e expedientes da Audiencia. Instalado no Palacio da Real Audiencia, hoxe Capitanía Xeral, na cidade de A Coruña, foi trasladado aos sotos do Palacio de Xustiza en 1936, onde permaneceu ata 1956, data na que se trasladou ao edificio que ocupa na actualidade. A vinculación do Arquivo coa Audiencia segue a se manter cando esta se convirte en Audiencia Territorial, por Real Decreto de 26 de xaneiro de 1834. No ano 1857 faise cargo do arquivo o daquela recentemente creado Corpo Facultativo de Arquiveiros, baixo a dependencia xerárquica do Ministerio de Fomento. No século XX acentúase a independencia do centro e perfílase con nitidez a sua función de arquivo histórico de Galicia. En 1931 o Arquivo Central da Audiencia pasa a estar ao coidado dos profesionais do Arquivo do Reino de Galicia. Posteriormente, distintas normas asignaranlle tamén papel de Arquivo Histórico Provincial de A Coruña. Coa nova organización territorial do Estado español en comunidades autónomas, os arquivos de titularidade estatal radicados en Galicia, como o Arquivo do Reino de Galicia, foron transferidos na súa xestión á Comunidade Autónoma de Galicia en 1989. Así, forma parte do Sistema de Arquivos de Galicia e recibe por transferencia os documentos producidos pola Administración territorial da Xunta de Galicia na provincia de A Coruña.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Vinculado á Real Audiencia de Galicia que hoxe continua o Tribunal Superior de Xustiza, o seu territorio é Galicia. Recibiu fondos de ámbito provincial e carácter rexistral, xudicial e da Administración Central periférica. Outras formas de ingreso: doazón, depósito e compra.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    -Real cédula do 22 de outubro de 1775, do rei Carlos III, de creación coa denominación de Arquivo Público e Xeral de Galicia. -Convenio entre o Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia sobre xestión de arquivos de titualridade estatal. (Resolución do 14 de decembro de 1989, pola que se lles dá publicidade aos convenios). -Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio cultural de Galicia. -Orde do 30 de agosto de 2010, normas para realizar transferencias con destino aos arquivos dependentes da Xunta de Galicia. -Orde do 31 de agosto de 2010 pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia. -Orde do 1 de setembro de 2010 pola que se establecen as normas para a realización de préstamos de documentos entre os arquivos propios e xestionados pola comunidade autónoma e as oficinas da Xunta de Galicia. -Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. -Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia
  • 3.4. Estructura administrativa
    Dirección Administración Sección arquivo Laboratorio de restauración Reprografía
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Recibe transferencias documentais de: tribunais e xulgados do seu ámbito territorial (galego, provinciais, de partido, locais e especiais), administración periférica do estado de ámbito galego, administración periférica da CCAA na súa provincia.
  • 3.6. Edificio
    Metros cadrados dos depósitos: 2879,29 Metros lineais de andeis: 24069 Metros lineais de documentación: 22799 Metros lineais de fondos bibliográficos: 1619 Unidades de instalación: 145635 (caixas e atados), 20971 libros, 96830 unidades documentais.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    http://arquivosdegalicia.xunta.es/portal/arquivo-do-reino-de-galicia/resources/downloads/ARG_Cadro_2012.pdf#
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Gil Merino, Antonio: Archivo Histórico del Reino de Galicia: guía del investigador. Madrid, 1976. Arquivo do Reino de Galicia. Catálogo de instrumentos de descrición documental: Arquivo do Reino de Galicia, 1993. No sistema integrado de xestión Albalá.
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 8:30-20:30 horaen inverno (22 de setembro a 20 de xuño). De luns a venres, de 8:30-19:30 horas en verán (21 de xuño a 21 de setembro).
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Consulta en sala. Libre acceso. Identificación con DNI ou pasaporte (Real Decreto 1266/2006, do 8 de novembro) Acceso aos fondos suxeito á normativa legal vixente en materia de protección de datos e consulta de documentos.
  • 4.3. Accesibilidade
    Acceso para persoas con discapacidade. Sí Liñas de autobuses urbanos que conectan co arquivo: 1, 1A, 2, 2A, 3, 5, 7, 17, 23A.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    Sala de investigadores(ordenadores, lectores de microfilme e cámaras fotográficas). Instrumentos de descrición en liña ou en papel(opac) dos fondos. Servizo de asesoramento na busca de documentos. Consulta non presencial(correo, fax). Biblioteca auxiliar.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Copias en papel e dixitais ,formatos: A4, A3 e superiores. Posibilidade de gravar imaxes. Reproducións suxeitas ás tarifas segundo a normativa vixente (copia, autorización para a súa edición, e cecais, envío postal). Formulario para a reprodución en sala.
  • 5.3. Espazos públicos
    O Arquivo do Reino de Galicia conta cunha sala de exposicións temporais situada no propio edificio. A parte dispón dunha sala de conferencias na planta baixa e dunha sala de cursos no segundo andar. Biblioteca auxiliar de referencia.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-12-19 [ISO 8601]. Revisión: 2015-01-28 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxina web do arquivo. Instrumentos sinalados como “Instrumentos de descrición, guías e publicacións”. Guía dos Arquivos da Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2012.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -