Son os documentos resultantes dos procesos de identificación e avaliación no cal se determinan para cada serie documental os prazos de conservación e de transferencia, o réxime e prazos de acceso, o tipo de selección e prazo en que se realizará, e o soporte de conservación. O consello elabora as táboas de avaliación documental das series sometidas ao seu ditame e as eleva á persoa titular da consellería con competencias en materia de arquivos e patrimonio documental para a súa aprobación. As táboas de avaliación aprobadas, pasan a formar parte do inventario de información administrativa que as normas de interoperabilidade establecen como sistema de xestión e coordinación dos procedementos administrativos no contorno da Administración electrónica.