Bolsas de formación en materia de arquivos 2022

Convocadas 20 bolsas de formación en materia de arquivos

Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao Programa 2022 (Código de procedemento CT110A). DOG núm. 6 do 11 de xaneiro de 2022.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Beneficiarios:

  1. Graduados universitarios ou titulación equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) na que predomine a formación en Historia e/ou Arquivística.
  2. Acreditación de dominio da lingua galega a nivel iniciación mediante título oficial ou certificado Celga 3.
  3. Non se beneficiar anteriormente destas mesmas bolsas durante un período igual ou superior aos doce (12) meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Secretaría Xeral de Cultura, logo de iniciado o período de vixencia.
  4. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
  5. Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a organización e descrición de arquivos de interese galego

Listaxe de bolsas

2024

Bolsas de formación
As bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e os seus fondos…

2022

Bolsas de formación
Con data 2 de xuño de 2022 o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades asinou a resolución definitiva das bolsas de…
Bolsas de formación
Con data 31 de marzo de 2022 publícase neste Portal e no Portal de Cultura, Educación e Universidade https://www.cultura.gal/gl a listaxe provisional…

2018

Bolsas de formación
Resolución do 27 de xuño de 2018 pola que se aproban os listados definitivos de admitidos e excluidos e os adxudicatarios das 20 bolsas de formación…

2016

Bolsas de formación
Resolución do 21 de decembro de 2016 pola que se aproba a prórroga das bolsas de formación en materia de arquivos convocadas pola Orde do 15 de marzo…
Bolsas de formación
RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2016 pola que se procede á publicación da relación dos beneficiados e o importe das bolsas concedidas en virtude da…
Bolsas de formación
Resolución do 1 de xullo de 2016 pola que se aproban os listados definitivos e a adxudicación de 20 bolsas de formación en materia de arquivos (Orde…
Bolsas de formación
Orde do 15 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as…
Bolsas de formación
Beneficiarios: Licenciados universitarios ou titulación equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (…

2015

Bolsas de formación
O 30 de xuño de 2015 remataron as 20 bolsas de formación en materia de arquivos convocadas pola Orde do 27 de febreiro de 2014. Lembramos que estas…

2014

Bolsas de formación
Orde do 27 de febreiro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as…
Bolsas de formación
LISTADO DE DESTINOS   -Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela) 4 bolsas -Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña)          3 bolsas -Arquivo…