• 1.1. Código identificador
    ES GA 15009 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Betanzos
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Betanzos
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 2.1. Localización
    Rúa Emilio Romai, 1, baixo, 15300 Betanzos (A Coruña)
  • 2.2. Enderezo
    BETANZOS
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 981 771 946
    Fax:
    -
    Email:
    arquivomunicipal@betanzos.net
  • 2.4. Persoas de contacto
    Ángel Arcay Barral, Arquiveiro
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    O Arquivo Municipal de Betanzos é actualmente unha das entidades fundamentais da infraestructura cultural de Betanzos e mesmo da súa antiga provincia. No ano 1981 comezouse a traballar na organización do fondo documental, salvando a maior parte dos documentos e iniciando a elaboración do inventario. Os investigadores tiveron acceso rápido a todo o que se foi organizando, facilitándoselles ademais a publicación dos seus traballos a través do Anuario Brigantino, revista de investigación que se elabora no arquivo, biblioteca e museo. Foron numerosos os traballos publicados até o momento. No Programa de Festas Patronais de 1984 xa se dan os anos nos que había actas capitulares (dende 1549). No Anuario Brigantino de 1986 publicouse O Arquivo Municipal de Betanzos e outros máis da cidade: estado da súa organización. A Partir de aquí e, mentres a institución renacía, tamén se traballou na teoría organizativa, en diálogo con outros arquiveiros municipais do estado e mesmo se coordinou dende Betanzos para a Xunta de Galicia a realización de 52 inventarios de arquivos municipais nas provincias de A Coruña, Lugo e Ourense. 8.982 unidades de instalación 754 metros de andéis.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Capital da comarca coruñesa homónima. Dispón dunha superficie de 24,19 km2, sendo un dos municipios maís pequenos da provincia, e conta con 13.352 habitantes repartidos en 7 parroquias. Ubicada sobre o castro de Untia, o rey Alfonso VIII concedeulle en 1212 o título de vila. No século XIV Enrique IV concedeulle o título de cidade e permitiulle a celebración dunha fiera franca anual. Anos maís tarde os Reis Católicos designan a Betanzos capital de provincia dunha das sete que formaban o reino de Galicia. Tras séculos de decadencia, a nova reforma administrativa de Javier de Burgos integra en 1834 a provincia de Betanzos na da Coruña.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Betanzos. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
  • 3.6. Edificio
    Arquivo situado nun edificio próximo ao Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    1 CONCELLO 2 XULGADO 3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS 4 ARQUIVOS NOTARIAIS 5 CÁMARAS AGRARIAS 6 OUTROS FONDOS 7 CONCELLO DE
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=109 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=78369
  • 4.1. Horario
    De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentacion de carácter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    Consulta en sala (DNI e ficha), Reprografía (mediante solicitude), préstamo aos servizos administrativos municipais, exposicións e mostras documentais, biblioteca e hemeroteca auxiliar
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador.
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial.
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2015-01-28 [ISO 8601]. Revisión: 2020-09-28 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -