3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O arquivo atópase na propia casa do concello, unha edificación tradicional en pedra, de considerables dimensións, con baixo e planta e situada a carón da estrada N-550, que vai de Santiago a Tui e do río Umia. En todo caso o paso do tempo, a súa propia configuración e disposición motivan non poucas carencias entre as que se pode mencionar un espacio suficiente e axeitado para a conservación documental.
O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1984, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación nos anos 1990 e 1991,así como de informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, nos anos 2000, 2001, 2007, 2009, 2012. e 2015.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Está ó noroeste de Pontevedra; linda con Valga, Cuntis, Moraña, Portas, Catoira, Vilanova e Vilagarcía de Arousa. Ten 8 parroquias: Arcos da Condesa, Caldas de Reis, Carracedo, Santo André de Cesar, San Clemente de Cesar, Godos, Saiar e Bemil. O territorio do actual concello de Caldas de Reis formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían dun bo número de xurisdiccións: as de Baños, Caldas, Cesar, Peñaflor e Vilanova de Arousa; ademais existían os coutos de Arcos da Condesa e Saiar, cada un deles con señoríos diferentes, tanto eclesiásticos como dos veciños ou de diferentes membros da nobreza. No proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio estaba integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, do que era capitalidade, en el establecéronse ós concellos de Saiar e Caldas de Reis; será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito partido xudicial, cando se creen ámbolos dous concellos, formado o de Saiar polas parroquias de Saiar e Santiago e Santa María de Godos; pola contra o concello de Caldas de Reis formábano ás parroquias de San Tomé e Santa María de Caldas, Arcos da Condesa, Carracedo, Bemil e Santo André e San Clemente de Cesar. No ano 1894 acórdase a supresión do concello de Saiar e a súa integración no de Caldas de Reis, culminando unha reclamación veciñal que viña xa do ano 1838. Ademais producíase a fusión administrativa das parroquias de Caldas e Godos nunha única en cada caso e dende 1946 funciona como Entidade Local Menor a parroquia de Arcos da Condesa con institucións, medios e sede propios.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Caldas de Reis. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=5220002
Fondo do Arquivo da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=876357
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_6_CALDAS+DE+REIS_20160908.pdf/0b0c0d4d-79f0-49de-b659-76629077f86b
Cadro de clasificación do fondo do Arquivo da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886808/CC_ELM_ARCOS+DA+CONDESA_20160530.pdf/e6b4c7c0-9a85-4435-9c6c-a7b27d2ac654
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/347
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=57752