• 1.1. Código identificador
    ES GA 36015 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Cuntis
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Cuntis
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    Dispóñense estes fondos na propia Casa do Concello, edificio moderno construído a finais da década dos setenta e principios dos oitenta. Ó arquivo municipal destinouse unha boa parte da segunda planta, en tres locias distintos. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1988, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora do local, nos anos 1990, 1991, 1997, 1998, 1999, 2003, 2005, 2007, 2010, 2012 e 2016.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O concello de Cuntis sitúase ao noroeste da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior aos setenta e nove quilómetros cadrados cun total de setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas oito parroquias, residindo máis de 6000 veciños. O territorio do actual concello de Cuntis formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Baños na que o señorío correspondía ao arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, crearase no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, o concello de Cuntis coas mesmas parroquias e disposición territorial que hoxe se mantén.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Cuntis. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=3580003 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=727926
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_16_CUNTIS_20160909.pdf/83cab3a0-b395-43b3-811e-ab553102579b Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CUNTIS.pdf/04c13a94-abfc-4be4-a7f6-a370d564e022 Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/312 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10553
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9.00 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Non.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-25 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -