• 1.1. Código identificador
    ES GA 36016 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Dozón
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Dozón
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    Dispóñense estes fondos na propia casa do Concello, unha moderna edificación, cun bo estado de conservación, distribuída en baixo, planta, a carón da estrada nacional que vai de Santiago de Compostela a Ourense, que acolle a totalidade dos servizos municipais. Os locais do arquivo municipal atópanse na planta baixa. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, nos anos 1994, 1998, 2003, 2007, 2009, 2011 e 2013.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O concello de Dozón sitúase ao nordeste da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza. Conta con 53 entidades de poboación dispersas en oito parroquias diferentes nas que residen algo máis de dous mil cincocentos habitantes. O territorio do acual concello de Dozón formou parte da provincia de Lugo ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a de Deza, na que o señorío correspondía ao conde de Lemos e que ocupaba as parroquias de Sanguiñedo e Sisto; e a de Dozón, con xurisdicción real e que comprendía as parroquias restantes. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Saa e en O Castro; este proceso culmina en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Dozón, queda integrado por nove parroquias, as que aínda hoxe o compoñen e a de San Pedro de Mosteiro. Esta parroquia será suprimida no arranxo parroquial de 1890 e divididos os seus fregueses nas parroquias de Dozón e Bidueiros. Así mesmo tense constancia de varias modificacións da capitalidade do concello ata a actualidade que se sitúa no lugar de O Castro.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Dozón. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=1352783 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=729306 Fondo da Irmandade Sindical de labradores e gandeiros de Dozón: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=1029729
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_17_DOZ%C3%93N_20160908.pdf/7d49b22f-bca8-45fd-b0cb-cfb30a9da465 Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_14_DOZ%C3%93N_20160510.pdf/e7cbd50e-2c97-46a0-adb5-7ce56826dba3 Cadro de clasificación do fondo da Irmandade Sindical de labradores e gandeiros de Dozón: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886815/Irmandade+Sindical+de+Labregos+e+Gandeiros+de+Doz%C3%B3n.pdf/830fe3fe-aac9-4d04-a4c9-415eb2c41bbb Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/308 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10627
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9.00 a 14:30 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-25 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Pontevedra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -