• 1.1. Código identificador
    ES GA 36021 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Gondomar
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Gondomar
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A manifesta insuficiencia espacial da casa do concello obrigou a buscar solucións alternativas para a instalación axeitada do arquivo municipal e procedeuse á adecuación da planta superior da casa da cultura. O edificio da casa da cultura, de recente construcción, atópase no centro da propia vila de Gondomar, moi próximo á casa do concello, integrado no contorno urbano e acaroado a outras edificacións. Recentemente foi ampliado a un novo local anexo na mesma planta da casa de cultura, debidamente remozado e equipado; asi mesmo foi necesario habilitar o uso dun local na planta baixa do edificio de urbanismo para dispor a documentación máis actual. Con elo son tres os locais que na actualidade albergan o patrimonio documental do concello de Gondomar. O fondo documental producido polo Concello de Gondomar, no decurso da súa actividade ó longo destes anos e que aínda se conservaba, recibiu no ano 1986 o tratamento técnico oportuno, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, nos anos 1994, 1999, 2002 e 2013.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, na denominada comarca do Miñor, conta cunha superficie aproximada de 75 quilómetros cadrados, nos que se asentan 164 entidades diferenciadas de poboación onde viven algo máis de dez mil habitantes. As parroquias que integran este concello dependían no Antigo Réxime de tres xurisdiccións, cada unha delas de distinto carácter. Por un lado, a xurisdicción real de Baiona, dependente directamente do monarca, na que se integraban as parroquias de Borreiros, Chaín, Donas, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, e Villaza. Por outro, a xurisdicción de Gondomar, con señorío do propio conde de Gondomar e formada polas parroquias de Vincios e Gondomar; e, finalmente, a xurisdicción eclesiástica de Pexegueiro, da que formaba parte a parroquia de Couso e na que o señorío correspondía o bispo de Tui. Nos primeiros anos do século XIX, antes da definitiva configuración constitucional dos concellos, tal e como hoxe os entendemos, constituíronse nestas terras concellos en Vilaza, Donas, Vincios, Morgadáns e Peiteiros. Será no ano 1836 cando definitivamente xurda o actual Concello de Gondomar, integrado polas parroquias de Borreiros, Couso, Chaín, Donas, Gondomar, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, Vilaza e Vincios; compre sinalar, ademais, que a parroquia de Morgadáns conta dende 1932 cunha Entidade Local Menor.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Gondomar. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo situado nun edificio próximo ao Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=3341003 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=733001 Fondo da Entidade Local Menor de Morgadáns: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=888750
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_21_GONDOMAR_20160908.pdf/62d1b800-0847-47ec-80f9-0e5bfd24f801 Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_17_GONDOMAR_20160511.pdf/d1d9a0af-ca06-4311-8010-abeae116d7df Cadro de clasificación do Fondo da Entidade Local Menor de Morgadáns: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886808/CC_ELM_MORGAD%C3%81NS_20160913.pdf/2ced8bca-4baf-47fa-8da5-334d0fc6f2a4 https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/254 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=11124
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 8.00 a 14:30 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Non.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-25 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Pontevedra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -