• 1.1. Código identificador
    ES GA 36028 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Meis
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Meis
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A casa do concello, reconstruída con posterioridade ó incendio sufrido en 1930 e modificada en 1973 e 1981, é un edificio de pedra, exento, distribuído en baixo e planta. Recientemente remozado y reducida a sua superficie, o arquivo ocupa un local cuadrangular, situado na ala dereita da planta baixa, con trinta metros cadrados de superficie e unha altura de tres metros e medio, cunhas axeitadas condicións de habitabilidade e boas condicións de ventilación e iluminación, proporcionadas por amplos ventanais. Dótase este local dos equipamentos necesarios para o almacenamento da documentación conservada, composto basicamente por estantería metálica compactada, mesa de traballo e consulta, ordenador e ficheiro metálico, todo disposto tal e como representa o plano. A organización da documentación conservada no arquivo do concello de Meis asúmea o Servizo Técnico do Patrimonio Documental no ano 1986, establecendo como obxectivos prioritarios a mellora do local do arquivo e a dotación de instrumentos descritivos ós fondos documentais conservados. Con posterioridade desenvolvéronse outras actuacións de reorganización e incorporación documental, así como a informatización dos instrumentos de descrición nos anos 1987, 1994, 1997, 2000, 2001, 2006, 2008, 2010, 2012 e 2014.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O concello de Meis abarca a parte noroccidental do Castrove chegando ata o Umia. Conta cunha superficie de 52 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de cinco mil habitantes, distribuídos en 96 entidades de poboación e sete parroquias. Historicamente estivo integrado na provincia de Santiago, con diferentes xurisdiccións: a de Cambados, con señorío do conde de Monterrei; a de San Tomé do Mar, con señorío do marqués de Monte Sacro; e as da Lanzada e Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago. Créase constitucionalmente este concello no ano 1836, dentro da configuración definitiva do partido xudicial de Cambados, coas mesmas parroquias actuais, sen máis cambios nestes anos de existencia que no referente á situación da súa capitalidade.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Meis. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=4812003 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=751333
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_29_MEIS_20160912.pdf/5364dc07-5bc0-4b94-8117-a8dbe3b2b04c Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_23_MEIS_20160511.pdf/372f1def-b8a8-4557-a7e5-53e7557cbaf5 Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/360 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10566
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9.00 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-26 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -