3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O arquivo dispuxo de diferentes ubicacións nos últimos anos. Recentemente habilitouse, logo da oportuna reforma e adecuación un local de máis de cincuenta e cinco metros cadrados no soto da casa do concello, antes dedicada na súa totalidade a garaxe e almacén municipal. Dispón este local dunhas axeitadas condicións ambientais e de habitabilidade, con ventilación e iluminación natural, sistemas de control da humidade e espazo suficiente para a disposición dos fondos documentais a medio prazo.
Posteriormente desenvolvéronse novas actuacións técnicas de incorporación da documentación, reconversión técnica, de acordo co novo cadro de clasificación establecido a nivel nacional para o conxunto dos arquivos municipais e informatización dos instrumentos de descrición, nos anos 1987, 1994, 1999, 2003, 2005, 2007, 2009, 2011, 2013 e 2017.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Sitúase no centro-leste da provincia de Pontevedra; limita con Fornelos de Montes, Covelo, A Cañiza, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Mondariz-Balneario e Pazos de Borbén. A súa superficie é 85 Km2 e ten 6000 habitantes. As parroquias que integran este territorio dependían no antigo réxime de catro xurisdiccións, todas elas con señorío laico. Na xurisdicción de Achas, dependente do conde de Salvaterra, atopábase a parroquia de Lougares. Na xurisdicción de Oliveira a parroquia de Portela. Na xurisdicción de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, estaban integradas as parroquias de Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Mondariz, Sabaxáns e Vilar. Por último, o couto de Toutón, formado pola parroquia do mesmo nome, dependente de D. Juan Araújo. Será no ano 1836 cando definitivamente xurda o actual Concello de Mondariz, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas e formado polas parroquias de Lougares, Portela, Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Sabaxáns, Vilar, Toutón e Santa Eulalia de Mondariz. Con posterioridade as parroquias de San Martiño de Portela, que logo cambiará a súa denominación pola hoxe coñecida de Vilasobroso, e a de Santa María de Queimadelos en 1924 e 1935, respectivamente, constituíronse en Entidades Locais Menores. A principal modificación acontecida no concello prodúcese coa segregación da parroquia de Santa Eulalia de Mondariz para constituír unha Entidade Local Menor e, de seguido, o Concello de Mondariz-Balneario no ano 1924.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Mondariz. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=4160003
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=758682
Fondo da Entidade Local Menor de Queimadelos: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=894346
Fondo da Entidade Local Menor de Vilasobroso: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=894346
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_31_MONDARIZ_20160909.pdf/c61677de-aa67-49e5-8d25-6737ccb71ebd
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_25_MONDARIZ_20160511.pdf/12b25bbc-aeaf-4b47-ad2c-0afad8ee727c
Cadro de clasificación do Fondo da Entidade Local Menor de Queimadelos: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886808/CC_ELM_QUEIMADELOS_20160913.pdf/671698ce-857c-4f5f-a44f-fe7293c18e56
Cadro de Clasificación do Fondo da Entidade Local Menor de Vilasobroso: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886808/CC_ELM_VILASOBROSO_20160913.pdf/6f7711c9-6b88-4bca-87d3-c6b1ef44a412
https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/253
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10584