• 1.1. Código identificador
    ES GA 36035 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Nigrán
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Nigrán
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 2.1. Localización
    Praza da Constitución, s/n, 36350 Nigrán (Pontevedra)
  • 2.2. Enderezo
    NIGRÁN
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 986 365 000
    Fax:
    +34 986 383 931
    Email:
    info@nigran.org
  • 2.4. Persoas de contacto
    Cristina Aballe Román. Bibliotecaria-Arquiveira
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A casa do concello é un edificio de baixo e planta, que combina a pedra e o ferro como elementos constructivos, dotado de amplos ventanais que marcan o seu aspecto exterior; dependendo da configuración do terreo, ten un aproveitamento en semisoto nunha das súas as, así como dunha parte da estructura baixo cuberta. O proceso técnico de organización do fondo documental conservado no municipio de Nigrán, iniciase no ano 1987, coincidindo co remate das obras de reforma da casa do concello e o necesario traslado da documentación dende as instalacións provisionais que ocupaba este por aquel entón. Por este motivo a documentación presentaba un grado elevado de desorde e un estado de conservación deficiente, pese o cal o volume da mesma era abundante. Rematada esta primeira fase acometeuse unha actuación de reincorporación no ano 1990, e outra no ano 2000 de informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, quedando sen finalizar. Dende esta data asume o propio concello, mediante a contratación de persoal específico para o arquivo, o control e xestión do mesmo, posto que ocupa dende ese ano Cristina Aballe Román. Finalmente no ano 2005 establécese unha nova colaboración a fin de rematar o proceso de adpatación iniciado no 2000 e para a incorporación de novos fondos documentais producidos nestes últimos anos.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Nigrán está situado o sur da provincia de Pontevedra, na ría de Vigo. Ocupa unha superficie de 35 km2, con noventa e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais sete parroquias: residen máis de quince mil habitantes. O actual territorio do concello incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Nigrán. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello. O local destinado ao arquivo ocupa o soto do edificio do Concello. O espazo divídese en dúas zonas comunicadas entre si, cunha superficie total de 42 m2, dotado do equipamento necesario para o depósito e o tratamento documental. Como o espazo non era suficiente para toda a documentación, en 2021, tras finalizar as obras de ampliación da casa do Concello, coa unión dun novo edificio ao actual por unha pasarela, habilitouse un amplo depósito no soto.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=8700002 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=774196
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_36_NIGRAN_20160912.pdf/536e2d2b-926c-454f-8c7d-e9aebf37b2e9 Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_30_NIGR%C3%81N_20160913.pdf/b7ad6e69-6a53-41f9-9060-abf3a77575fa Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/549 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10824
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 7.00 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-26 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Pontevedra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -