3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
No ano 1991 procedeuse a instalar no edifico do concello o arquivo municipal, para o cal se reservou a superficie do baixo cuberta, á que se accede na actualidade por escaleira lateral ou ascensor.
A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo nos anos 1986-1987, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación, incluída a mellora do local, nos anos 1991, 2002, 2005, 2008, 2010, 2012 e 2015.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Valga sitúase no noroeste da provincia de Pontevedra, ocupando unha superficie superior aos 38 quilómetros cadrados, con 58 entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias actuais, nas que residen máis de 6000 habitantes. O actual territorio de concello de Valga formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Cordeiro e de Padrón, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século dezanove planéase inicialmente a creación do concello de Cordeiro, integrado por dez parroquias e con capitalidade no lugar de Forno; no remate do proceso modifícase sensiblemente esta pretensión inicial e xorden dous concellos diferentes: Valga, con seis parroquias, e Catoira, con outras catro, formando parte os dous do Partido Xudicial de Caldas de Reis. Posteriormente, en 1925, producirase a segregación da Entidade Local Menor de Pontecesures e, polo tanto, desa parroquia para formar un concello independente; o concello de Valga dende entón queda coa súa fisionomía actual.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Valga. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
O arquivo sitúase no baixo cuberta do edificio do Concello. Conta cunha superficie útil superior ós 160 m2, coas dotacións necesarias de equipamentos e mobiliario para a conservación, tratamento e consulta do fondo documental e cos boas condicións de habitabilidade.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=2283651
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=837759
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_57_VALGA_20160909.pdf/7c612f3a-cc47-46c2-a098-80bcb1fd9b50
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/VALGA.pdf/0d7cb2e6-bf74-48aa-9dbb-10ca41c8803d
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/410
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10916