3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo en 1984-1985, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora do local, nos anos 1986, 1988, 1991, 2002, 2003, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011 e 2012.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie de 48 quilómetros cadrados, con 85 entidades de poboación dispersas en trece parroquias, nas que residen 35.000 habitantes. O territorio do actual concello de Vilagarcía de Arousa formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Vilagarcía de Arousa. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
O arquivo ocupa o baixo cuberta do edificio do Concello, distribuído en tres amplas salas, que serven de depósito, zona de traballo e consulta. A este espacio engádenselle varios locais nos sotos do concello. Conta cos equipamentos necesarios e habitabilidade para a súa función.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=8000000
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_61_VILAGARC%C3%8DA+DE+AROUSA_20160912.pdf/45cbe57c-1365-4791-b834-2fd7f476b056
Coleccións: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/458
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=51063