3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
É a Orde Ministerial de 7 de novembro de 1968 a que denomina a este arquivo como Arquivo Histórico Universitario. O Aquivo Histórico Universitario está ligado á historia da Universidade de Santiago dende a súa fundación, ainda que posee documentación anterior a esta data, aportada polos fundadores para garantir o seu patrimonio.
Dende casi o principio hai novas da existencia do Arquivo nas Constitucións, Estatutos e nos libros de Visitas. Nelas danse normas de organización e conservación, salientando a visita do ano 1600 efectuada por D. Alonso Muñoz de Otalora. No século XVI o Arquivo comeza a estar baixo a tutela do Secretario da Universidade, custodiando documentos que emanaban do Claustro e do propio Rector, mostra da súa doble función, directiva e docente. Neste século tamén comezan a funcionar os Colexio de Fonseca e San Xerome que continúan ata o século XIX.
Se o século XIX, especialmente a Ley Moyano de 1857, fixo que o Arquivo da Universidade vise incrementados os seus fondos con documentación allea a ela, pero de carácter académico, como fondos de Ensino Primario, Secundario, Escolas Normais e Especiais, entre outros, será no século XX, a partires dos anos coarenta, cando comezará a contar con documentación relativa á cidade e ó seu entorno.
Este incremento faise por cesións, depósitos, donacións e adquisicións da propia Universidade. Así ingresarán fondos procedentes da Administración de Bienes Nacionales do partido de Santiago, relativos a mosteiros e conventos, cabidos catedralicios, confrarías e outras institucións eclesiásticas ás que afectaron as leis desamortizadoras do século XIX. A partires dese momento ingresarán os fondos das antigas Contadurías de Hipotecas e do Hospital Real.
Os protocolos do Distrito Notarial de Santiago ingresaron no ano 1969 e no ano 1993 os protocolos dos distritos de Arzúa, Melide, Corcubión, Muros, Negreira, Noia, Ordes e Padrón.
O fondo do Concello de Santiago de Compostela ingresou no ano 1994. e fondos de Arquivos de empresa, Familiares e de Sociedades.
O Arquivo, que nos seus albores estivo no Colexio de Fonseca, sede da Universidade, pasóu no ano 1769 ó Colexio da Compañía, cando a institución académica toma posesión do devandito colexio.
A partires da década dos oitenta o Arquivo acadou o verdadero apoio institucional que lle permite desenvolve-lo seu cometido. Ata o ano 1990 o arquivo estaba situado no terceiro andar da Facultade de Xeografía e Historia, onde os locais non reunían as condicións necesarias, o que fixo que no ano 1990 se trasladase ó antigo edificio de Casa Simeón, sometido a un proceso de rehabilitación e acondicionamento.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Durante case 500 anos desde a súa fundación foi a única universidade existente en Galicia, hasta que no ano 1989 creanse as universidades da Coruña e Vigo. A súa zona de influencia é o noroeste peninsular, especialmente Galicia, Asturias e León de donde proceden a maior parte dos seus alumnos.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
Decreto 15/2016, de 14 de xaneiro, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia e o procedemento de avaliación e selección de documentos,
Decreto 25 /2016, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Arquivos de Galicia.
Resolución rectoral pola que se establecen as tarifas de servicios, compulsas e reproducciones de documentos do Arquivo.
Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela.
Regulamento do Arquivo Universitario, aprobado pola Xunta de Goberno de 20 de Xullo de 1998.
Instrución 1/2020 da Secretaría Xeral de 31 de xaneiro de 2020 para o tratamento e xestión da documentación administrativa
3.4. Estructura administrativa
Dirección Administración Sección arquivo Laboratorio de restauración Reprografía
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
-
3.6. Edificio
Despois de ocupar instalacións diversas ao longo da súa andaina -desde a arca orixinal ata as precarias instalacións da planta 3ª da actual facultade de Xeografía e Historia-, desde o ano 1990 o Arquivo ocupa un inmoble propio situado na zona histórica da cidade: o antigo edificio da Casa Simeón, edificio rehabilitado dacordo á función e uso que ía ter. Con 2.590 m2 de espazo articulado en seis plantas, das que tres se dedican exclusivamente a depósitos documentais coas precisas condicións ambientais e de seguridade. O edificio conta con espazos e instalacións axeitados para usuarios internos e externos, incluíndo unha sala de conferencias e exposicións con capacidade para cincuenta persoas.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
-
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/arquivo-historico-xestion-documental
"Arquivo Histórico Universitario". Tríptico despregable. Santiago de Compostela, C.O.I.E., s.a. (1983). http://www.usc.es/arquivo/fondos/
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=126