• 1.1. Código identificador
    ES GA 36001 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Arbo
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Arbo
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A casa do Concello é unha edificación de 1932, relativamente moderna, cun bo estado de conservación, distribuída en baixo e planta á que se lle fixo unha recente reforma que permitiu o seu desenvolvemento en altura mediante o aproveitamento do baixo cuberta, espazo no que se situaron logo da ampliación dúas salas que acolleron arquivo municipal. Esta reforma conlevou o traslado do arquivo dende a planta baixa ata esta nova localización, garantindo unha superficie abondo para os fondos existentes daquela. O paso dos anos fixo insuficiente estas instalacións e decidíuse o traslado do arquivo municipal a unha sala da planta baixa do Edificio pazos, á carón da oficina de Correos (R/Luis Cubelas, 1), O proceso de organización inicial da documentación levouse a cabo en 1992, con posteriores reincorporacións documentais nos anos 1997, 1998, 2001, 2005, 2009, 2011. 2013 e 2016; sería en 1997 cando se fixo a reorganización e adaptación ó novo cadro de clasificación , así como a informatización dos instrumentos de descrición.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O concello de Arbo enclávase no sur de Galicia. Pertence á comarca do Paradanta e xudicialmente intégrase no Partido de Ponteareas. Conta cun total de 144 entidades de poboación dispersas en seis parroquias. O territorio do actual concello de Arbo formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a rexentada polo marqués de la Sierra, que abarcaba as parroquias de Cequeliños e Mourentán; e a do conde de Salvaterra, que incluía as parroquias de Arbo, Barcela, Cabeiras e Sela. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Barcela, Arbo e Alveos ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorden dentro do partido xudicial da Cañiza, entón establecido, os concellos de Arbo, Covelo, A Cañiza e Crecente. O concello de Arbo mantense dende aquela ata a actualidade coa mesma disposición xeográfica e integrada polo mesmo número de parroquias.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Arbo. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
  • 3.6. Edificio
    A casa do concello é unha edificación de 1932, cun bo estado de conservación, que se distribúe en baixo e planta e á que se lle fixo unha reforma que permitiu o seu desenvolvemento en altura ao aproveitar o baixo cuberta, espazo no que se situaron dúas salas que acollen o arquivo municipal. Tras esta reforma trasladouse o arquivo da planta baixa á primeira planta para garantir que existise suficiente superficie para os fondos existentes daquela. Co paso dos anos estas instalacións quedaron pequenas, polo que se decidiu trasladar parte do arquivo municipal a unha sala da planta baixa do edificio Pazos, a carón da Oficina de Correos (rúa Luis Cubelas, 1).
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=4400003 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/-/arquivo-xulgado-de-paz-de-arbo
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_2_ARBO_20160909.pdf/cb3a1ae7-8728-4da8-882a-34880923cfaa Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_2_ARBO_20151202.pdf/ecdbdf1c-3578-49ba-9b08-340e6f75e80a Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/305 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=57589
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9.00 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro. Dispón dunha sala dotada de equipamentos para a súa finalidade.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-25 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -