Consello de Arquivos de Galicia

O Consello de Arquivos de Galicia

O Consello de Arquivos de Galicia é o órgano colexiado, consultivo de asesoramento, cooperación e participación en materia de arquivos, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 33 e na disposición transitoria primeira da Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.

O Consello créase no Decreto 25/2016, do 3 de marzo, polo que se regula a súa composición e funcionamento (DOG núm. 57 do 23 de marzo de 2016).  Queda constituído na 1º sesión ordinaria celebrada o día 13 de xullo de 2016.

Consello aval

 

 

Consello de Arquivos de Galicia

Composición

O Consello de Arquivos de Galicia está composto por unha presidencia, tres vicepresidencias, una secretaría e doce vogalías:

Presidencia

  • A persoa titular da consellería competente en materia de arquivos e patrimonio documental 

Vicepresidencia Primeira

  • Persoa titular do órgano superior competente en materia de arquivos e patrimonio documental

Vicepresidencia Segunda

  • Persoa titular do órgano de dirección da consellería competente en materia de avaliación e reforma administrativa

Vicepresidencia Terceira

  • Persoa titular do órgano de dirección da consellería ou entidade instrumental competente en materia de administración electrónica e sistemas de información

Secretaría

  • Persoa titular da xefatura de servizo do Sistema de Arquivos de Galicia

Vogais

  • En representación da Administración autonómica de Galicia 
    • A persoa titular da subdirección xeral con competencias en materia de arquivos 
    • Tres persoas en representación do Sistema de Arquivos da Xunta de Galicia, propostas polo órgano superior competente en materia de arquivos e patrimonio documental
  • Unha persoa en representación dos arquivos do Parlamento de Galicia, do Consello de Contas de Galicia, do Consello da Cultura Galega ou do Consello Consultivo de Galicia, por proposta dos órganos superiores de cada institución. A rotación de cada órgano establécese coa prelación indicada por cada período de renovación
  • Unha persoa en representación dos arquivos xudiciais de Galicia, por proposta do órgano superior competente en materia de xustiza
  • Unha persoa en representación dos arquivos das universidades galegas, proposta polo Consello Galego de Universidades. Establecerase unha rotación entre as tres universidades na seguinte orde: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo, por cada período de renovación
  • Dúas persoas en representación dos arquivos das entidades locais, propostas pola Federación Galega de Municipios e Provincias
  • Unha persoa en representación dos arquivos das entidades e asociacións de dereito público ou privado, de carácter profesional, político, sindical, cultural, educativo ou relixioso de Galicia, por proposta do órgano superior competente en materia de arquivos e patrimonio documental. Establecerase unha rotación entre as ditas entidades e asociacións por cada período de renovación
  • Unha persoa en representación das asociacións profesionais de arquiveiros/as existentes en Galicia, proposta polo órgano superior con competencias en materia de arquivos e patrimonio documental. Establecerase unha rotación entre as ditas entidades e asociacións por cada período de renovación
  • Unha persoa de recoñecido prestixio no ámbito dos arquivos e do patrimonio documental, por proposta do órgano superior competente en materia de arquivos e patrimonio documental

Consello de Arquivos de Galicia

Membros do Consello de Arquivos de Galicia

 

  • Román Rodríguez González, Presidente
  • Anxo M. Lorenzo Suárez, Vicepresidente 1º
  • Jesús Oitavén Barcala, Vicepresidente 2º
  • Julián Cerviño Iglesia, Vicepresidente 3º
  • Mª Josefa Piñón López, Secretaria 
  • Mª del Carmen Calviño Rodríguez, Vogal
  • Mª del Mar García Miraz, Vogal
  • Mª del Carmen Prieto Ramos, Vogal
  • Pablo Sánchez Ferro, Vogal
  • Consuelo Tacón Sanjuás, Vogal suplente
  • Alfredo Erias Martínez, Vogal
  • José Ulla Rocha, Vogal
  • José Tronchoni Albert, Vogal
  • Ainhoa Leal Díaz, Vogal
  • Alfonso Cascudo Rasilla, Vogal
  • Xosé Francisco Domínguez Martínez, Vogal
  • José Luis Mínguez-Goyanes de la Rica, Vogal

Consello de Arquivos de Galicia

Contacto

Subdirección xeral de Arquivos e Museos, Cidade da Cultura, Edificio Biblioteca e Arquivo de Galicia, Monte Gaiás s/n Santiago de Compostela.

servizodearquivos.cultura@xunta.gal

 

 

Consello de Arquivos de Galicia

Funcións 

Son funcións do Consello de Arquivos de Galicia:

  1. Emitir informe con carácter preceptivo  
    • Sobre os regulamentos que se diten en desenvolvemento da Lei 7/2014, do 26 de outubro
    • Sobre a incorporación dos arquivos ao Sistema de Arquivos de Galicia
    • Sobre o réxime de protección dos bens considerados patrimonio documental de Galicia
    • Sobre a declaración de bens do patrimonio documental como bens de interese cultural, así como a súa inclusión no catálogo ou no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia 
  2. Emitir informe ao órgano superior competente en materia de arquivos e patrimonio documental
    • Sobre os plans relacionados coa política arquivística que pretenda aprobar a Xunta de Galicia
    • Sobre as normas técnicas básicas ás cales deben adecuarse os sistemas de xestión documental dos arquivos que forman parte do Sistema de Arquivos de Galicia 
  3. Emitir informe sobre as cuestións, en relación co Sistema de Arquivos de Galicia,  que someta á súa consideración a persoa titular da consellería ou do órgano superior competente en materia de arquivos e patrimonio documental
  4. Proporlle ao órgano competente en materia de arquivos e patrimonio documental
    • actuacións e iniciativas para o mellor funcionamento do Sistema de Arquivos de Galicia, así como para a mellora e o desenvolvemento dos procesos de dixitalización, preservación, accesibilidade e difusión en liña do material cultural dixital
    • políticas activas para contribuír á transparencia e ao acceso á información pública e á reutilización de datos en poder das administracións
  5. Calquera outra función que se lle encomende regulamentariamente relativa ao asesoramento sobre a organización, estruturación e ordenación do Sistema de Arquivos de Galicia