ARQA - Sistema de información para a xestión dos arquivos físicos no ámbito de Galicia
Que é ARQA?
ARQA é o sistema tecnolóxico deseñado pola Xunta de Galicia para a xestión documental en soporte tradicional.
O sistema permite a súa utilización polos diferentes arquivos integrados no Sistema de Arquivos de Galicia, tanto os integrados no Subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia como os dependentes doutras administracións (fundamentalmente da municipal) ou institucións de carácter privado. A través dela xestionase o Censo de arquivos de Galicia.
Entre as súas funcionalidades están:
- O control da xestión de entradas e saídas de documentos
- A xestión do cadro de clasificación documental e dos órganos produtores (a través da conexión co Inventario de Información Administrativa (IIA) da Xunta de Galicia no caso dos arquivos da Administración autonómica)
- A xestión das descricións seguindo as normas internacionais de descrición arquivística
- A xestión do control dos diferentes servizos prestados polos arquivos (consultas, préstamos...)
- A xestión do espazo nos depósitos
ARQA - Sistema de información para a xestión dos arquivos físicos no ámbito de Galicia
Integración no Sistema de Xestión documental ARQA
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), está a por en marcha a aplicación ARQA, un sistema tecnolóxico deseñado pola Xunta de Galicia para a xestión documental en soporte tradicional (papel).
Este sistema permite a súa utilización polos diferentes arquivos integrados no Sistema de Arquivos de Galicia, tanto os integrados no Sistema de Arquivos da Xunta de Galicia como os arquivos dependentes doutras administracións, fundamentalmente da administración local.
A integración dos arquivos municipais ao sistema ARQA é unha actuación coordinada e conxunta entre a entidade local, a Consellería de Cultura, Educción e Universidade e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
A formalización da adhesión ao servizo realizarase mediante a sinatura electrónica dun documento de adhesión ao Convenio de Colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a implantación do sistema de xestión documental ARQA nos arquivos públicos municipais a través da Sala de Sinaturas da Xunta de Galicia.
Procedemento para a formalización da adhesión
A entidade local remitirá ao Servizo do Sistema de Arquivos (servizodearquivos.cultura@xunta.gal) un correo solicitando a adhesión ao convenio facilitando os seguintes datos:
- Datos do alcalde ou representante da entidade da entidade local (NIF, nome e apelidos, cargo, nome da entidade local á que pertence, artigo relativo á competencia de representación da entidade local
- Conta de correo electrónico na que recibirá as instrucións de acceso á Sala de Sintauras da Xunta de Galicia e se lle solicitará que asine nela o documento de adhesión.
- Órgano e data na que se acorda a adhesión
- Artigo relativo á competencia do órgano que toma a decisión
Máis información na seguinte ligazón.