3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
A primeira referencia documental sobre o arquivo témola no "Regulamento interior das dependencias da Deputación Provincial da Coruña" de 1889 que establece as súas funcións nos artigos do 64 ao 71. Consta o nomeamento de D. Bernardo Barreiro de Vázquez Varela como arquiveiro no ano 1888 e tamén o de Manuel Murguía no ano 1909.
Durante o século XIX e a primeira metade do XX o arquivo acompañou á institución polas diversas sedes que tivo na cidade. Os sucesivos traslados fixeron efecto na conservación documental.
No ano 1867 a Deputación estrea novo Palacio Provincial, obra de Faustino Domínguez. Na distribución interna xa figura un local destinado a arquivo na planta baixa, á esquerda. Con todo na década dos anos 70 situábanse nos faiados. Por mor dunhas obras de ampliación das oficinas, nos anos 80 os documentos foron almacenados temporalmente no Pazo de Mariñán, onde se deterioraron gran parte deles. Grazas á iniciativa do arquiveiro de entón, D. Fernando Urgorri Casado, recupéranse e organizan unhas 5000 caixas.
Desde 1985 o arquivo, que depende de Secretaría, atópase na rúa Archer Milton Huntington, instalado nun edificio, obra do arquitecto provincial Jacobo Rodríguez-Losada Trulock, que inicialmente foi residencia de antigos alumnos dos colexios da Deputación. A partir desta data inícianse os traballos de descrición que continúan na actualidade.
A escasez de información do século XIX e primeiro terzo do XX débese á combinación de tres causas, todas elas negativas: falta de continuidade no posto de arquiveiro, deficiencias na conservación e unha política de destrución masiva. Das tres, a máis grave foi a funesta política de destrución masiva e incontrolada de documentación, mediante a súa "venda ao peso" propiciada pola R.O. do Ministerio da Gobernación do 30 de marzo de 1927 (Gaceta de Madrid do 2 de abril de 1927). Na inmediata posguerra a propia administración volveu favorecer a venda ao peso da documentación.
O Arquivo está constituído por diversos fondos sendo o de máis volume o da propia Deputación. Está formado pola institución provincial dende o século XIX ata a actualidade. As funcións históricas que lles corresponderon ás Deputacións Provinciais nestes séculos, con diversa e contraditoria lexislación, resúmense en dous ámbitos:
- O fomento e a administración da provincia e dos intereses provinciais
-A asistencia aos municipios
Dende 1985 o Arquivo atópase na rúa Archer Milton Huntington. A partir desta data inícianse os traballos de descrición documental que continúan na actualidade.
Hoxe en día o Arquivo desta Deputación Provincial constitúe unha Sección que depende orgánicamente da Secretaría Xeral.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
A Deputación da Coruña, creada polo Real decreto de 21 de setembro de 1835, ten como función o goberno, administración e prosperidade da provincia. A provincia da Coruña é a máis poboada da comunidade autónoma de Galicia. A súa capitalidade e sede da deputación é a cidade da Coruña.
3.3. Atribucións/fontes legais
Regulamento interior das dependencias da Deputación Provincial da Coruña, de 1889 (art. 64-71)
Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos
dereitos dixitais.
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.
Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local.
Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo
goberno.
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de
organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.
3.4. Estructura administrativa
-
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Ten encomendadas funcións de custodia, organización, descrición e difusión dos seus fondos, atendendo as demandas de cidadáns e Administración.
A maior parte do volume documental tanto en papel como outros soportes (fotografías, carteis, etc.) é produto da actividade que desenvolve a institución e ingresa anualmente recibíndose por transferencia os documentos que proceden dos distintos servizos da Deputación cunha antigüidade superior aos 5 anos.
Tamén existen fondos privados que pasan a formar parte por compra, doazón, etc.
3.6. Edificio
A sede do Arquivo sufriu diversos traslados ao longo do tempo que provocaron deficiencias na conservación. Durante o século XIX e a primeira metade do XX o arquivo instalouse xunto co resto da institución en diversas sedes, entre eles o Teatro Rosalía de Castro. Por mor dunhas obras de ampliación nos anos 60 e 70 os documentos foron almacenados temporalmente no Pazo de Mariñán onde se deterioraron gran parte deles.
Desde 1985 atópase na rúa Archer Milton Huntington, instalado nun edificio, obra do arquitecto provincial Jacobo Rodríguez-Losada Trulock, que foi inicialmente a residencia de antigos alumnos dos colexios da Deputación. Consta de 3 plantas. A planta baixa contén as salas de traballo e de investigadores, xunto con depósitos. As plantas superiores están destinadas a depósitos e salas de traballo. Conta cun depósito secundario situado no complexo "A Milagrosa".
A partir desta data inícianse os traballos de descrición. A escaseza de fondos do século XIX e principios do XX é o resultado de anos de deficiente conservación aos que se engade unha venda masiva de papel impulsada desde a administración franquista dos anos 40.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
O Arquivo asume na mesma sede as funcións de arquivo intermedio e histórico, e custodia documentos que van desde o nacemento da Deputación en 1822, documentación histórica con valor permanente, ata os que cumpriron 5 anos procedentes do arquivo de oficina.
A documentación corresponde, fundamentalmente, ao reflexo das funcións e actividades inherentes ás competencias da Deputación que se poden resumir en: Fomento e Administración da Provincia e Asistencia aos municipios en todas as súas necesidades, especialmente aos que non contan con medios técnicos ou económicos suficientes. Unha pequena parte do fondo documental procede de institucións desaparecidas, das cales as súas competencias foron herdadas pola mesma, como son os antigos Establecementos Provinciais de Beneficencia da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela.
Así mesmo, inclúe tamén documentación procedente de organismos de ámbito provincial que compartiron os locais do Palacio Provincial como: Consello Provincial, Xunta Provincial do Censo Electoral e Comisión Mixta de Recrutamento.
A serie estrela e con maior continuidade é “Libros de actas do Pleno (1822, 1836- )” que debemos completar con “Libro de actas da Comisión Provincial (1885-1932).
A serie “Libro de Resolucións e Decretos (1949- )” mostra unha visión global das competencias e funcións da Deputación.
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
https://arquivo.dacoruna.gal/files/7016/8232/8590/Guia_Archivo_2022.pdf
https://arquivo.dacoruna.gal/documentos-dixitais
Cadro de clasificación: https://arquivo.dacoruna.gal/files/5416/3230/0946/CUADRO_CLASIF._FUNCIONAL_Web.pdf
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=114