3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O Arquivo Histórico Provincial de Ourense creouse no ano 1943, en cumprimento do establecido no Decreto do 12 de novembro de 1931 dos ministerios de Xustiza e de Instrucción Pública e Belas Artes, sobre o réxime e denominación dos arquivos históricos de protocolos. A finalidade orixinaria foi a recepción dos protocolos centenarios da provincia e os documentos sen uso que estaban espallados polas diversas dependencias da Administración Periférica do Estado. O arquivo foi recoñecido xurídicamente no ano 1977.
Na actualidade a titularidade é estatal e a xestión está transferida a Comunidade Autónoma de Galicia (1989). Encárgase de recibir, custodiar e servir os documentos xerados pola Administración Periférica do Estado, a Administración de Xustiza e polos órganos territorias da Xunta de Galicia na provincia de Ourense.
O arquivo promove a conservación do patrimonio documental galego a través da compra, doazón ou depósito de fondos de orixe pública (concellos)e privada (familias, persoas, asociacións, etc.).
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O ámbito geográfico que lle corresponde ao arquivo coincide coa provincia de Ourense. As orixes da provincia hai que situalas na división eclesiástica medieval do territorio en dioceses. É cara a principios do século XVI cando aparece a denominación de "provincia" sobreposta ás diversas dióceses galegas.
A historia da provincia está intimamente vinculada ao espallamento da cultura cenobítica e monacal ao longo da Idade Media e Moderna, moi presente nas marxes dos principais ríos da provincia: o Miño e o SIl, coa denominada Ribeira Sacra, e o Avia, coa zona do Ribeiro. Trátase dunha provincia cunha importante presenza do mundo agrario e cunha forte cultura vitivínicola e etnográfica vinculado ao Entroido e o magosto.
3.3. Atribucións/fontes legais
-Decreto de 12 de novembro de 1931 dos ministerios de Xustiza e de Instrucción Pública e Belas Artes sobre o réxime e a denominación dos arquivos históricos de protocolos e os históricos provinciais.
-Convenio entre o Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia sobre xestión de arquivos de titualridade estatal. (Resolución do 14 de decembro de 1989, pola que se lles dá publicidade aos convenios).
-Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio cultural de Galicia.
-Orde do 30 de agosto de 2010, normas para realizar transferencias con destino aos arquivos dependentes da Xunta de Galicia.
-Orde do 31 de agosto de 2010 pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
-Orde do 1 de setembro de 2010 pola que se establecen as normas para a realización de préstamos de documentos entre os arquivos propios e xestionados pola comunidade autónoma e as oficinas da Xunta de Galicia.
-Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
-Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia
3.4. Estructura administrativa
Dirección Administración Sección Arquivo Reprografía
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Recibe transferencias de: Tribunais e xulgados do seu ámbito territorial fondos documentais da fe pública Administración periférica Estatal Administración periférica Autonómica Ingresos a través de compras, depósitos e doazóns.
3.6. Edificio
-
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
-
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=5
Gallego Domínguez, Olga. Archivo Histórico Provincial de Ourense: guía del investigador. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia, 1977.
Pablo Sánchez Ferro (dir.). Guía do Arquivos Histórico Provincial de Ourense. Ourense: Xunta de Galicia, 2006.
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=50906