02 Xuñ 2026

Con data 19 de maio de 2026 apróbase a Resolución de concesión das bolsas de formación en materia de arquivos convocadas pola Orde do 18 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e convócanse as correspondentes ao Programa 2026-2027 (código de procedemento CT110A). (DOG nº6 do 12 de xaneiro de 2026).

Tal e como establece o artigo 15 da Orde reguladora,

1. As persoas que resultasen adxudicatarias dunha das bolsas convocadas elixirán o seu destino por orde de puntuación.

2. A dirección xeral competente en materia de cultura poderá adxudicar outro destino en función do desenvolvemento da bolsa e das circunstancias que poidan acaecer.

3. Dentro dos dez días naturais seguintes á notificación da resolución definitiva, as persoas beneficiarias das bolsas deberán comunicar á dirección xeral competente en materia

de cultura a súa aceptación. De non facelo no prazo indicado se entenderá tacitamente aceptada segundo o establecido no artigo 21.5 da Lei de subvencións de Galicia.

4. Así mesmo, de non presentarse no centro de destino na data estipulada, o nomeamento quedará sen efecto e será motivo de exclusión na seguinte convocatoria. A dirección xeral competente en materia de cultura procederá ao chamamento de suplentes para cubrir estas prazas.

5. A aceptación dunha bolsa de museos ou de bibliotecas convocadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude no programa 2026-2027 comporta a exclusión da listaxe de suplentes das bolsas de arquivos convocada ao abeiro desta orde.

6. A aceptación da bolsa supón o compromiso implícito de manter a confidencialidade da información obtida no desenvolvemento das actividades obxecto destas bolsas, de acordo coa normativa aplicable.

 

Poden consultar as listaxes nas seguintes ligazóns

https://arquivosdegalicia.xunta.gal/gl/sistema-arquivos-galicia/recursos/bolsas-de-formacion-en-materia-de-arquivos-programa-2026-2027

https://www.cultura.gal/gl/axuda-subvencion-bolsa/123644