01 Mar 2024
11 Mar 2024
A Dirección Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Arquivos e Museos convoca unha xornada formativa sobre ARQA, aplicación de xestión documental para o persoal dos arquivos dos concellos dados de alta nesta aplicación e que traballan con esta ferramenta.
Día: 8 marzo
Horario: 10:00h a 12:00 horas
Lugar: presencial. EGAP. Santiago de Compostela
A solicitude para inscribirse enviarase a través do correo electrónico do Servizo de Arquivos (servizodearquivos.cultura@xunta.gal) indicando os seguintes datos:
- Nome e apelido
- DNI
- Concello
- Login de Usuario Eido local
- Rol (administrador ou xestor). O caso práctico conterá exercicios dependendo do perfil do usuario.
As prazas son limitadas, adxudicaranse por riguroso orde de entrada.