Formularios

Aplicación EIVA para a realización de estudos de identificación e avaliación de series documentais da Xunta de Galicia

http://estudos-series.xunta.local/estudos/login.php

 

Formulario normalizado para a realización de estudos de identificación e avaliación de series documentais

O formulario aprobouse mediante resolución do 18 de abril de 2017 da Secretaría xeral de Cultura a proposta polo Consello de Avaliación Documental de Galicia na sesión do 15 de marzo de 2017.

Táboas de avaliación documental

A Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, determina no seu artigo 19 que os documentos de titularidade pública serán avaliados e seleccionados para determinar a súa conservación ou eliminación, de acordo co interese que presenten dende o punto de vista administrativo, xurídico, legal e histórico e os seus prazos de vixencia, acceso e conservación.

https://arquivosdegalicia.xunta.gal/gl/consello-evaluacion-documental/documentos

Catálogo de tipos documentais da Xunta de Galicia

O catálogo de tipos documentais da Xunta de Galicia (CTDX) é un documento técnico de carácter dinámico que ten como obxectivo identificar os documentos producidos e recibidos pola Xunta de Galicia nos procedementos que desenvolven as súas competencias.

Constitúe un instrumento fundamental para a implementación dunha política de xestión documental que garantice a interoperabilidade entre entornos tecnológicos e a reutilización dos documentos, conforme se establece na Norma técnica de Interoperabilidade de Documento Electrónico.

Baseado no Quadre de tipus documentals que a Generalitat de Catalunya aprobou a principios de 2015, o CTDX é mantido pola Subdirección Xeral de Arquivos da Xunta de Galicia.

Este documento pretende achegar, por unha banda, regras e/ou recomendacións para a elaboración de puntos de acceso normalizados de institucións, designadas como Forma(s) autorizada(s) do nome, e facilitar, por outra banda, determinadas regras e/ou recomendacións para a formalización doutros elementos ou compoñentes estruturais dos rexistros de autoridades de institucións.

Formación

Outros cursos ou xornadas

Xornada de formación ARQA

08 March 2024 - 08 March 2024

A Dirección Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Arquivos e Museos convoca unha xornada formativa sobre ARQA, aplicación de xestión documental para o persoal dos arquivos dos concellos dados de alta nesta aplicación e que traballan con esta ferramenta.

Día: 8 marzo

Horario: 10:00h a 12:00 horas

Lugar: presencial. EGAP. Santiago de Compostela

A solicitude para inscribirse enviarase a través do correo electrónico do Servizo de Arquivos (servizodearquivos.cultura@xunta.gal)  indicando os seguintes datos:

  • Nome e apelido
  • DNI
  • Concello
  • Login de Usuario Eido local 
  • Rol (administrador ou xestor). O caso práctico conterá exercicios dependendo do perfil do usuario.

 

As prazas son limitadas, adxudicaranse por riguroso orde de entrada.

Cursos de formación a través da EGAP

Curso “Dixitalización e preservación de documentos electrónicos” 

08 March 2024 - 08 March 2024

Preténdese con este curso que os técnicos de arquivo adquiran os coñecementos e a metodoloxía que permita a planificación e xestión de proxectos de forma exitosa no ámbito dos arquivos, como centros de información e difusión de contidos de valor para a sociedade.

Curso "Técnicas elementais de arquivos"

08 March 2024 - 08 March 2024

Prácticas nos arquivos

Prácticas académicas externas de alumnos das universidades galegas

08 March 2024 - 08 March 2024

A Consellería de Cultura  regula convenios de colaboración coas universidades de Galicia con programas de formación que teñen como obxectivo principal impulsar a formación do futuro  persoal técnico en materia de arquivos.   

Convenios

O alumnado das Universidades Galegas poderá realizar as prácticas externas curriculares ou extracurriculares nos arquivos xestionados pola Secretaría Xeral de Cultura.

Arquivos

  • Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña)
  • Arquivo Histórico Provincial de Lugo
  • Arquivo Histórico Provincial de Ourense
  • Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
  • Arquivo de Galicia en Santiago de Compostela
  • Arquivo Xeral Territorial de Pontevedra
  • Arquivo Xeral Territorial de Vigo
  • Arquivo Xeral Territorial de Lugo